Temas: BNG MOCIDADE

As mocidades do Bloque elixen nova dirección

O actual líder de Galiza Nova, Alberte Mera, de 29 anos, non optará á reelección. Mera propón un relevo con equilibrio territorial, de xénero e pluralidade ideolóxica.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/11/2016 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O actual secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, non optará á reelección á fronte desta organización xuvenil do BNG -tras catro anos no cargo-, a cal celebrará este sábado en Santiago os seus XIV Asemblea Nacional na que elixirá unha nova dirección.

Alberte Mera, responsábel de Galiza Nova, as mocidades do BNG
Alberte Mera, responsábel de Galiza Nova, as mocidades do BNG

Así o avanzou Alberte Mera a Europa Press, que foi elixido no cargo en 2012 e repetiu en 2014 -a dirección renóvase cada dous anos-, quen explica que ve necesario que "unha nova xeración" se poña á fronte de Galiza Nova. Aos seus 29 anos cre que é o momento de deixar paso a novos dirixentes, porque "hai futuro" nas filas nacionalistas.

Na asemblea nacional de Galiza Nova elixirase nova Dirección Nacional, Comisión Permanente e Secretaría Xeral -baixo a máxima dun "militante, un voto"-. Ao respecto, Mera sinala que os actuais órganos directivos traballan en conseguir unha candidatura "de unidade" e "cohesionada" despois de recibir propostas da militancia nas bisbarras e localidades, cunha participación de máis de 800 persoas.

De tal forma, búscase conseguir unha candidatura que sexa definitoria dunha "pluralidade", na que haxa un equilibrio territorial, así como en igualdade, tanto en xénero coma en diversidade, aínda que polo momento prefire non falar de nomes.

Con todo, recorda que o prazo de presentación de listas -o secretario xeral é o que lidera a candidatura máis votada- estaba aberto ata o venres anterior á celebración da asemblea.

Lobeira nun acto de Galiza Nova o 24 de Xullo
Lobeira nun acto de Galiza Nova o 24 de Xullo | Fonte: BNG

BALANCE "POSITIVO" DOS SEUS CATRO ANOS

Á hora de facer balance destes catro anos Mera indica a Europa Press que considera que foi unha etapa "positiva, malia as dificultades".

Mera recordou que cando se puxo á fronte de Galiza Nova en novembro de 2012 era unha "situación complicada" para o nacionalismo galego cuns inicios que "non foron doados", pero se mostrou "orgulloso" polo papel que desempeñou a militancia durante este tempo e valorou o traballo levado a cabo. Todo iso, nun movemento "máis activo e máis vivo".

ASEMBLEA NACIONAL E BUSCA DE AUMENTO DE APOIOS

A XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova terá lugar en Santiago -antiga Casa da Xuventude- baixo o lema 'A mocidade construíndo Galiza', na que a formación actualizará a súa estratexia e discurso nacionalista, tras culminar o debate por bisbarras.

Nos textos a debate que se presentaron este mércores en Santiago pola Comisión Permanente marcarase como obxectivo político para os dous próximos anos a posta en marcha de "novas campañas para multiplicar os apoios ao nacionalismo entre os mozos", así como "achegar máis" a xuventude a Galiza Nova e o BNG.

Así, apostarase por mellorar a axilidade organizativa, mediante a redución das estruturas intermedias e o reforzo o asamblearismo da formación. Neste sentido, os textos da XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova afondan na defensa dun ensino público en galego, o feminismo e as liberdades sexuais, así como o emprego digno e con dereitos, coa demanda dun Plan Retorna.

Temas: BNG MOCIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Galego

Veña a vomitar todos por aquí, iso si sen razoar ni nada eh non vaia a ser e podendo ser insultando e mentindo coma fixo o primeiro

1 la pastillita

Loquito, tomaste la pastillita.

1 Guillerme Gintonic

Galiza Boba ten o mesmo futuro que o BNG-UPG

1 Tomate outro

Ser un velluco amargado que sempre comenta o mesmo coma ti? Quen te dera