Chuvia de medallas do Goberno de Rajoy a dirixentes portugueses

Rajoy condecora con 15 medallas a altos cargos portugueses antes da visita, esta semana, dos reis españoles a este país. Na axenda non está previsto falar das conexións ferroviarias entre Porto e Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O novo Goberno español de Mariano Rajoy acaba de condecorar con 15 medallas a distintos altos cargos de Portugal. É un dos primeiros xestos do seu executivo que non é baladí xa que coincide, ademais, coa visita que os reis españoles realizarán ao país veciño esta semana.

O monarca español e a súa muller na anterior visita realizada as Portugal
O monarca español e a súa muller na anterior visita realizada as Portugal | Fonte: Casa Real Española

Entre os condecorados están o presidente e o primeiro ministro da República Portuguesa, ministros, embaixadores, os alcaldes de Porto e Lisboa e destacados membros da diplomacia e dos gabinetes da presidencia de Portugal.

Un xesto "simbólico", segundo as fontes consultadas, que pretende afianzar as relacións co país veciño pero, especialmente, coa súa clase política. Entre os galardoados coa Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos II estan Antonio Luis Santos da Costa, primeiro ministro portugués; Eduardo Ferro Rodrigues, presidente da Asemblea da República Portuguesa; Augusto Santos Silva, ministro de Estado e de Negocios Extranxeiros e Francisco Ribeiro de Menezes, embaixador de Portugal en España.

Tamén se lle concedeu o Collar de la Orden de Isabel la Católica a Nuno Duarte Rebelo de Sousa, presidente portugués e a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica a Margarida Marques, secretaria de estado dos Asuntos Europeos; Fernando Frutuoso de Melo, xefe da Casa Civil do presidente portugués; o xeneral Joao Cordeiro, xefe da Casa Militar do presidente da República e Ana Martinho, secretaria xeral do Ministerio de Negocios Extranxeiros. 

Finalmente, o Goberno español concedeu a Gran Cruz de la Orden del Méritio Civil a Fernando Negrao, presidente do Grupo Parlamentario da Amistade Luso-Española; a Arnaldo Pereira Coutinho, secretario xeral da Presidencia da República; Fernando Medina, presidente da Cámara Municipal de Lisboa; Rui Moreira, presidente da Cámara Municipal de Porto; Rita Faden, xefa do Gabinete do primeiro ministro portugués e Pedro Sánchez da Costa Pereira, director xeral dos Asuntos Europeos da República Portuguesa.

Visita real

Estes nomeamentos coinciden coa visita que os reis españois comezan o 28 de novembro en Portugal e que se estenderá tres días. Unha visita que pretende reforzar os lazos políticos e económicos que existen entre os dous estados.

Hai moitos meses que o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, estaba a tratar de fixar unha visita dos reis de España. Unha visita que se concretará esta semana coas visitas ás cidades do Porto, Guimaraes e Lisboa e con varios compromisos institucionais, como a visita a concellos e as reunións co primeiro ministro e o presidente da República; económicos, como un xantar con empresarios; e culturais, pola exposición do pintor catalán Joan Miró.

Sen embargo, nesta visita non se falará dunha infraestrutura clave para Galicia e á que se teñen xa referido os dirixentes dos dous países nas distintas cimeiras luso-españolas, a conexión por tren rápido entre Porto e Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 pepino

Este home está en racha , na Galicia que perdeu o 70 por cento do tecido productivo primario e nun país por construir, adícase a exercer de embaixador de un modelo que non existe e tentar arranxar a política do Estado ; pra a que non foi votado. Os perxudicados os seus propios votantes e a oposición fegando as mans porque tarde ou menos caerá nos seus erros...como o da AP 9

2 Xoc

E logo a xente da MareaPodemos non critica a Iglesias e Garzón ca pancarta dos sindicatos na folga de Telemarketing???? Cando o facía o BNG criticaban. Agora caladiños, moi típico da soberbia e hipocresía que rezuman. E logo Villares megáfono en man na folga da LOMCE que convocaron os cachorro.s de IU...?

1 aer-OPORTO

mais e mais monoarquia... mais e mais estulticia... están roubando todos por riba das nosas posibilidades, para os tontos medallas e para eles medallos de terneira... de grandes ceas están as sepulturas chegas... ogalla lles dese una descomposición o incluso un-ha malaria! o mellor seria derrubar a alfandega... Galiza estaría mellor con Portugal que con expaña...