Temas: MúSICA

A Xunta recortou en Cultura un 44% en catro anos

Un informe oficial do Ministerio indica que a Xunta só gasta 22,6 euros por cada habitante, uns 62 millóns de euros en total.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2016 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Son datos do Anuario de Estatísticas Culturais 2016 sobre financiamento e gasto público en cultura, difundido este luns polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que recolle Europa Press.

Segundo este documento, o gasto liquidado en cultura pola Administración galega situouse nos 62,2 millóns de euros en 2014, fronte aos 111,1 millóns de 2010.

Sobre o total das comunidades autónomas, que en 2014 superaron os mil millóns de euros (1.046.924.000), a Galicia correspóndese o 5,9 por cento do gasto liquidado en cultura.

En canto ao gasto por habitante, a Comunidade galega está superada por País Vasco (55,8 euros), Navarra (49,6), Estremadura (35,5), Cataluña (33,1), Cantabria e Murcia (27,1) e A Rioxa (25,8). Rexistrou o mesmo gasto por habitante que Castela e León (22,6 euros).

Román Rodríguez
Román Rodríguez


BENS E SERVIZOS CULTURAIS

Se se desagrega o gasto por destino, do total de 2014, 26,3 millóns foron para bens e servizos culturais, é dicir, o 42,3 por cento; mentres que o 57,7 por cento (35,93 millóns) foron para a área interdicisplinar (promoción, difusión e cooperación; difusión cultural no exterior; política lingüística) ou non distribuídos por subsectores.

Pola súa banda, as artes plásticas e escénicas e o libro e audiovisual rexistraron cero euros, respectivamente, segundo a mesma estatística recollida por Europa Press.

Se se toma en conta a natureza económica do gasto, o 60,2 por cento, é dicir, 37,5 millóns de euros, usáronse en 2014 para gasto corrente, fronte ao 35,6 por cento que se destinou en 2010. Desde este ano, a porcentaxe neste ámbito foise incrementado.

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Doutra banda, o gasto liquidado en cultura pola administración local --concellos e deputacións-- en Galicia foi de 145.813 euros, dos cales 6.607 foron para arqueoloxía e protección do patrimonio histórico; 13.852 para bibliotecas e arquivos; 12.966 para museos e artes plásticas; 8.452 para artes escénicas; 22.804 para festas populares e festexos; 48.816 en promoción cultural e 32.318 para administración xeral de cultura.

Cidade da Cultura no Monte Gaias
Cidade da Cultura no Monte Gaias | Fonte: Projetoblog.com.br
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta