A OPA sobre Tecnocom, un pelotazo con importantes implicacións en Galicia

ABANCA -que prosigue coa súa política de venda do patrimonio herdado das caixas- logra importantes ingresos. Moitos dos servizos tecnolóxicos da Xunta e de Inditex pasarán a estar xestionados por Indra.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 30/11/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A OPA lanzada por Indra, a consultora tecnolóxica dependente do Estado, a Tecnocom, a súa competidora de orixe galego, está a suscitar moita polémica. Indra pagará 4,25 euros por acción cando o título de Tecnocom pagábase na bolsa o venres, antes de que a CNMV confirmase a a venda luns, a 3,3 euros. Durante os tres últimos anos, antes de que xuridiran os ruxes-ruxes sobre OPA, a acción de Tecnocom moi raramente superara os 1,6 euros. 

Mobilización ante a sede de Tecnocom no polígono do Tambre en Santiago
Mobilización ante a sede de Tecnocom no polígono do Tambre en Santiago | Fonte: CIGç

Un verdadeiro “pelotazo” que ten entre os seus maiores beneficiarios a ABANCA. A entidade galega ingresará uns 63,9 millóns a cambio do 20% da compra, uns 38 millóns en efectivo e o resto en accións de Indra.

Banesco, o grupo venezolano que se fixo coas nacionalizadas caixas de aforro, continúa así coa súa política de venda de empresas.  A lista de participacións que xa vendeu o equipo de Juan Carlos Escotet é longa: o 30% de R a Euskaltel, a participación do 20% na pizarreira CUPA a un fondo americano , Éolica Galenova …  e agora Tecnocom e o anuncio que pón en venda o seu 33% de Monbús. Unha liquidación en toda regra do patrimonio empresarial herdado de Caixa Galicia e Caixanova.

O impacto da OPA notarase en Galicia en máis eidos que na conta de resultados de ABANCA. Debido en parte as súas orixes -a filial tecnolóxica de Caixa Galicia Softgal integrouse no seu día en Tecnocom-, a consultora é unha das grandes contratistas tecnolóxicas da Xunta e de moitas outras administracións públicas.

Por exemplo, este verán o servizo de sistemas de información do SERGAS púxose en folga debidoas condicións laborais nesta subcontrata de Tecnocom.  Os mesmos traballadores proporcionan servizo a Inditex e cobran uns soldos duns 800 euros, segundo denunciaran os sindicatos.

Dron, versión non tripulada do seu avión de vixilancia marítima P2006T MRI. de Indra, unha das empresas participantes no proxecto do aeródromo das Rozas
Dron, versión non tripulada do seu avión de vixilancia marítima P2006T MRI. de Indra, unha das empresas participantes no proxecto do aeródromo das Rozas

Nos últimos anos Tecnocom gañou polo menos unha ducia grandes concursos da Xunta por valor de máis de  3,4 millóns de euros. Entre eles, gran parte do equipamento e soporte para o proxecto Abalar, o macroprograma de informatización das aulas. A plataforma de Portos de Galicia, a informática do novo Centro do 112, parte do sistema informático dos xulgados e parte da rede de videoconferencias da Xunta son outros dos servizos que Tecnocom proporciona a Administración Pública galega. 

Se ABANCA vendera a súa participación do 20% hai un ano ingresaría uns 17 millóns, fronte aos 63 de agora. Entre os outros grandes beneficiados da operación -que a prensa madrileña cualifica abertamente de peolotazo- está o ex-presentador de TVE Lalo Azcona (18%) e a holandesea KPN (11%). Vale Tecnocom o que pagará Indra por ela? Polo de agora a cotización en bolsa sitúase algo por debaixo do prezo anunciado, pero non moito; 4 euros fronte ao prezo da OPA de 4,25 euros.

Indra argumenta que un prezo tan alto xustifícase porque as dúas empresas traballan no mesmo sector, polo que será moi doado explotar a súa carteira de clientes. De feito, foi moi sonada a vitoria  de Tecnocom no concurso para a plataforma tecnolóxia das primeiras eleccións xerais.

Para as segundas xerais, Indra, empresa participada polo Estado, presentou unha rebaixa de máis do 20% e recuperar así este nicho de negocio, sobre o que ten un control case absoluto. De feito, foi a empresa  que levou a tecnoloxía dos últimos comicios galegos. A outra gran proxecto recente de Indra en Galicia é a súa participación no aeródromo das Rozas. O Estado é socio en Indra co 20,1% do accionariado, que lle mercou a Bankia tras a quebra da entidade madrileña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seguimos a transferir cartos públicos a petos privados... nada novo baixo o Sol do PP/PSOE !