Outro ano na elite

O ciclista coruñés Pablo Torres, de 29 anos, anuncia a súa renovación unha campaña máis polo Burgos BH, onde deu o seu salto ao cliclismo profesional xa no 2012.

Por gcdeportes | A Coruña | 30/11/2016 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

“Feliz de estar otro año más en la familia @Burgos BH, con ganas e ilusión ante el que creo será un gran año para mí y para el equipo”, anunciou este mércores na súa conta de twitter. Ciclista profesional dende o 2012, o coruñés Pablo Torres, que o pasado domingo cumpriu 29 anos, continuará un ano máis no pelotón profesional trala renovación co Burgos BH, un dos contados equipos profesionais na xeografía estatal, a onde chegou xa no 2012 procedente do Caja Rural.

Pablo Torres, un ano máis no Burgos BH.
Pablo Torres, un ano máis no Burgos BH. | Fonte: @PabloTorres1987

“Ya puedo decir que otro año más renovaré con el Burgos BH, otro año en profesionales, otro año lleno de ilusiones y con ganas de hacer una temporada mejor que la anterior, con objetivos ilusionantes que pienso puedo alcanzar y dar un pasito mas en mi progresión como corredor. Gracias al @BurgosBH por seguir confiando en mí”, describiu Torres as súas sensacións de cara a vindeira tempada na súa conta de instagram.

Na pasada campaña, como no 2015, Pablo Torres fixo top-10 na xeral da Vuelta Internacional da Comunidade de Madrid e no Tour de Gironde, e foi sexto no Circuíto de Getxo 'Memorial Ricardo Otxoa'. O coruñés ven de pasar polo quirófano (o pasado 18 de novembro) para operarse dunhas molestias físicas e tras unha semana de convalecencia, xa se subiu á bicicleta para comezar a preparar o 2017, no que volverá ser un dos homes importantes do Burgos BH.

Pablo Torres, no centro da imaxe, no Tour de Gironde.
Pablo Torres, no centro da imaxe, no Tour de Gironde. | Fonte: Aurelie B. Photographie
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta