GC Aberto

A activista e politóloga de orixe sirio Nour Al Hussen Villa, nun encontro con universitarios

Metade de Siria, a metade Galega, Nour Al Hussen Villa deixou Raqqa con 13 anos agora ten 25, para vir a vivir a Santiago de Compostela, onde estudou Ciencias Políticas e un master en Relacións Internacionais que rematou coa lectura dunha tesina sobre a organización de Daesh.

Por CMEstila | GC ABERTO | 02/12/2016

Comparte esta noticia

É unha muller comprometida que fala con paixón de Siria e que non pode deixar de emocionarse cando se lembra da situación que en Siria viven o seu pai e os seus amigos na cidade de Raqqa, un bastión de Daesh.

NOUR AL-HUSSEN VILLA NA ESTILA
NOUR AL-HUSSEN VILLA NA ESTILA

Nour recordou que moitas veces os supostos expertos no conflito en Siria non son e dan á opinión pública unha visión bastante distorsionada da realidade. Na súa intervención, pediu troco de actitude a Europa na súa política de acollida de refuxiados que non son terroristas islámicos, senón familias que tiveron que deixar o seu país por mor dunha guerra sanguenta, especialmente dura para a poboación civil, que ten que sofrir a violencia de todos, das tropas de Bashar al-Ásad, da coalición internacional (EE.UU., Rusia, países árabes, Turquía) e do integristas islámicos.

Nour Al Hussen é a autora do blog "Na outra beira do río Éufrates" sobre a guerra no seu país natal, que trata de recoller algunhas memorias dos seus anos en Siria. Historias que xerminan desde (tradicións, historias, dozura e humor, a pesar da dor) bañado en nostalxia. Coa intención crítica e reflexiva dirixida a unha loita pola interculturalidade e por acabar cos prexuizos. Tamén sobre o que está a suceder na súa cidade de nacemento, Raqqa, epicentro actual de terror como capital Daesh ou o chamado Estado Islámico. Na outra beira do río Éufrates é tamén o diario dunha persoa que vive unha guerra na distancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta