Piden tres anos de prisión para un folguista do metal de 2009

A CIG denuncia que a empresa “busca unha sentenza exemplarizante” e lembra quen a fiscalía solicita o sobresemento.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/11/2016 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Sete anos despois da histórica folga do sector do metal da provincia de Pontevedra continúa a pingueira de procesos xudiciais a folguistas,  Desta volta, os avogados da empresa Electricidad EIP, en mans do daquela presidente da patronal Instaelectra, piden tres anos de cárcere e 3.000 euros de multa a un afiliado da CIG, acusándoo de vulneración do dereito ao traballo, entre outros supostos delictos.

Concentración de sindicalistas da CIG en apoio dun compañeiro ao que lle piden tres anos de cadea pola folga do metal de 2009
Concentración de sindicalistas da CIG en apoio dun compañeiro ao que lle piden tres anos de cadea pola folga do metal de 2009 | Fonte: CIG

“Estan buscando sentenzas exemplarizantes para tentar disuadir o reagromo da conflitividade obreira nas empresas”, denuncia a CIG que considera que esta é “unha petición desorbitada”, máxime cando se procura aplicar a lexislación máis dura, relacionada cos dereitos fundamentais, “por uns feitos que deberían estar xa prescritos”, sinalando ademais que a propia fiscalía solicita o sobresemento.

A central nacionalista denuncia, asemade, que a acusación incorre en “numerosas contradicións”, xa que durante os supostos feitos denunciados a empresa estaba completamente baleira, negando por tanto que existise ningún tipo de coacción, tal e como defende a patronal.

Coincidindo co xuízo, que comezou este mércores na sala do penal número 1, ducias de solidarios/as concentráronse diante dos edificios xudiciais para expresar o seu apoio ao compañeiro. Entre eles o secretario comarcal da CIG-Industria, Xulio Fernández, quen avogou pola absolución do traballador, alén de denunciar que a patronal “utiliza a Xustiza como arma contra a acción sindical, mentres que en moi poucas ocasións se senta no banco dos acusados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta