O edil de Xinzo deixa o PP pero segue como alcalde

Antonio Pérez Rodríguez terá que comparecer como acusado por prevaricación continuada nun xuízo oral no que se lle piden dez anos de inhabilitación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2016 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O alcalde de Xinzo de Limia (Ourense), Antonio Pérez Rodríguez, presentou a última hora deste mércores por escrito a súa renuncia temporal a militar no Partido Popular de Ourense tras a decisión do Xulgado de Instrución de Xinzo de abrir xuízo oral contra el por un suposto delito continuado de prevaricación.

Mitin do PPdeG en Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez Pérez é o segundo pola esquerda, entre Baltar e Feijóo
Mitin do PPdeG en Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez Pérez é o segundo pola esquerda, entre Baltar e Feijóo | Fonte: Europa Press.

Así o confirmou o PP de Ourense a través dun comunicado no que recolle que Pérez Rodríguez indica no seu escrito que toma esta decisión en cumprimento do establecido no réxime interior e no código ético do partido.

Ante esta situación, o PP ourensano expresou o "máis absoluto respecto" pola decisión do alcalde de Xinzo e procedeu a dar trámite ao seu escrito.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Xinzo de Limia, Águeda Rodríguez, decretou apertura de xuízo oral contra o alcalde da localidade por un suposto delito continuado de prevaricación en relación a varios contratos efectuados na Casa do concello.

A apertura de xuízo oral, que ratifica un auto ao que tivo acceso Europa Press e no que tamén se declara órgano competente para o coñecemento e fallo da causa ao Xulgado do Penal de Ourense, chega despois de que tanto a fiscalía como a CIG, comparecida como acusación popular, solicitasen 10 anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fuilco

En cambio Baltarone segue no posto a pesar de estar procesado no asunto de ofrecer emprego a unha muller a cambio de sexo

1 limiau

O que non é sério é que deixa o pp e sigue de alcalde co apoio do pp. Estannos chamando parvos á cara.