O preito por enchufes en Pontevedra, arquivado malia o "reprobable" do "amiguismo"

O xuíz non cre que o descuberto na Operación Patos sobre a concesionaria de xardíns do Concello de Pontevedra poida ser delito. Con todo, constanta "o reprobable que resulta que se contrate ao persoal por parentesco e/ou amiguismo" en Cespa.

Por E.P. | Pontevedra | 02/12/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 2 de Pontevedra ditou auto resolvendo o sobresemento provisional e arquivo da causa contra a concesionaria de recollida de lixo Cespa, que fora investigado por un suposto delito de tráfico de influencias, no marco dunha das pezas separadas da Operación Patos.

Traballadores de Cespa
Traballadores de Cespa | Fonte: cespa.es

O xulgado pontevedrés fíxose cargo da instrución desa causa, relacionada co suposto 'enchufe' de 14 traballadores nesta concesionaria, que serían recomendados por diferentes persoas vinculadas co Concello e co goberno municipal de Pontevedra.

Xa en marzo deste ano a sala resolveu arquivar esta causa, pero a Fiscalía recorreu e a instrución reabriuse en outubro. Transcorridas poucas semanas, o xulgado volveu acordar o sobresemento provisional e arquivo.

No auto onde se expón esa decisión, o xuíz sinala que non hai probas que acrediten que Cespa logrou a súa concesión por contratar esas 14 persoas recomendadas, nin probas de que algún funcionario ou cargo público cometese un delito de tráfico de influencias.

Así mesmo, sinala que a empresa selecciona os seus empregados a través de curriculum e non das listas do INEM, o que non quere dicir que as persoas que figuran na investigación policial (un vixilante dun mercado, un policía local, un técnico de medioambiente, ou un representante dun colectivo de comerciantes) teñan poder para impoñer a Cespa a contratación dos seus empregados.

Non obstante, o maxistrado engade: "Cuestión distinta é o reprobable que resulta que se contrate ao persoal por parentesco e/ou amiguismo existindo unha taxa de desemprego tan alta no noso país, e que as persoas non accedan á selección de persoal a través do INEM ou de axencias de colocación... ".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta