Temas: DéFICIT

Galicia terá uns 58 millóns máis tras aprobarse o 0,6% de déficit para as autonomías

O Goberno logrou a aprobación do obxectivo de déficit para 2017, co apoio de oito comunidades, entre elas a galega.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/12/2016 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

O Goberno logrou a aprobación por parte das comunidades autónomas do obxectivo de déficit para 2017, que quedou fixado no 0,6 por cento. Desta forma, Galicia, que votou que si, poderá dispoñer duns 58 millóns de euros adicionais durante o próximo exercicio. A votación no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) saíu adiante co apoio de oito comunidades, entre elas a galega, a abstención de Andalucía e outras cinco e o voto en contra de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana.

O conselleiro de Facenda Valeriano Martínez, no Consello de Política Fiscal e Financeira
O conselleiro de Facenda Valeriano Martínez, no Consello de Política Fiscal e Financeira | Fonte: Xunta.

O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, trasladou de xeito oficial a súa proposta do 0,6 por cento de déficit para as autonomías no próximo exercicio. Fíxoo tras dúas horas e media de reunión e tras alcanzar un pacto co PSOE sobre esta cifra, que supón unha décima máis do 0,5 por cento que o ministro ofrecera ao inicio das negociacións. Bruxelas permitiu o pasado mes de abril que España dilatase o cumprimento dos obxectivos.

GALICIA

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que a Xunta estudará "o potencial" que achega a décima a maiores na senda de fiscalización, tras constatar que o novo obxectivo "dá unha fonte de financiamento cun potencial de ingreso" para todas as comunidades".

"Dende Galicia sempre estudamos todas as potencialidades de financiamento porque é moito o que queremos facer", afirmou, en declaracións aos medios de comunicación á saída da reunión.

Con todo, resaltou que a intención do Goberno galego é manter a "estabilidade" da comunidade e que "a sociedade a goce". Nesta liña, salientou que "o máis importante" para a comunidade é aprobar este venres os orzamentos autonómicos para o exercicio que vén.

Ademais, valorou que se confirmase o 0,7% como obxectivo para este ano, pola "incidencia forte" que ten este compromiso "para manter o pagamento a provedores" en niveis controlados".

Por último, reiterou que as contas da comunidade galega para 2017 son de carácter "expansivo" e tratan de transmitir á sociedade "certezas". "Unha economía moderna móvese con certezas", resolveu.

Temas: DéFICIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta