Temas: VIMIANZO

Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral

Este concello lidera unha iniciativa Europea na que participan concellos de Polonia, Portugal, Eslovaquia e Irlanda do Norte.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 02/12/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María Xosé Ramos, participan esta semana nunhas xornadas de traballo do proxecto European Rural Network for Job Mobility (ERN4mob) que se desenvolverán en Newry, Mourne and Down District Council, en Irlanda do Norte.

Manuel Antelo en Irlanda do Norte no European Rural Network for Job Mobility en Newry and Mourne
Manuel Antelo en Irlanda do Norte no European Rural Network for Job Mobility en Newry and Mourne | Fonte: QPC

O Proxecto ERN4mob está promovido no marco do programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais. 

O seu obxectivo é ensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais. Para iso, as entidades participantes porán en marcha unha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, “co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural”.

O concello de Vimianzo lidera o proxecto ERN4mob, no que, ademais de Vimianzo, participan o concello de Kostrzyn nad Odra (Polonia), a comunidade intermunicipal do Alto Alentejo (Portugal), a organización supramunicipal Newry, Mourne and Down (Irlanda do Norte-Reino Unido), a Comune di Petrosino (Sicilia-Italia) e o concello de Zemplínske Hámre (Eslovaquia).

Proxecto ERN4mob Vimianzo

Durante o ano 2016 desenvolvéronse xuntanzas en Vimianzo, Polonia e Portugal e péchase o ano coa xuntanza de Irlanda do Norte. Durante 2017 desenvolveranse xuntanzas en Sicilia e Eslováquia e un congreso final en Vimianzo. Nesta xuntanza trataránse, de maneira concreta, as fórmulas para integrar aos inmigrantes nas comunidades locais e ás consecuencias que o Brexit poida ter para a mobilidade das persoas.

Do medio colaborador QPC

Temas: VIMIANZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta