Compostela Aberta avala a Duarte

Defende que non dimita porque considera o seu caso "unha suposta actuación administrativa errónea" e o código ético da formación só o esixe se hai "enriquecemento ilícito" ou "malgoberno" nos cargos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/12/2016 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A coordinadora de Compostela Aberta avalou a decisión do concelleiro de Espazos Cidadáns do Concello de Santiago, Jorge Duarte, de non abandonar o seu cargo logo de ser citado a declarar pola Fiscalía que investiga un presunto trato de favor a varios locais de ocio santiagueses. A través dun comunicado, Compostela Aberta manifestou que a investigación pola que terá que declarar Duarte en febreiro "non se trata dun caso de corrupción, senón dun posible caso de mala praxe administrativa".

"Non houbo uso incorrecto de fondos públicos, nin existe ningún tipo de beneficio económico, nin moito menos subornos ou agasallos. O que se investiga é unha suposta actuación administrativa errónea", reza o comunicado.

Tras coñecerse a citación da Fiscalía, Jorge Duarte asegurou que non abandonaría o seu cargo, aínda que puxo a disposición do Goberno local —integrado unicamente por Compostela Aberta— parte das súas competencias como concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade.

O pasado venres, en rolda de prensa tras a xunta de goberno, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ratificou a Duarte no seu cargo pero anunciou que retiraba as súas competencias en potestade sancionadora e concesión de licenzas ata que se resolva o caso.

CÓDIGO ÉTICO

Ante as acusacións lanzadas dende a oposición na Casa do Concello compostelano de que Duarte debería dimitir para cumprir co código ético da súa formación, Compostela Aberta defendeuse alegando que é "soberana para interpretar o seu código ético".

Neste sentido, indicou que o seu código ético "esixe a renuncia ao cargo" nos casos de enriquecemento ilícito" ou de "malgobierno" nos seus "cargos públicos". "Dende a coordinadora consideramos que, evidentemente, non estamos diante dun de eses casos polo que apoiamos a decisión do concelleiro de non abandonar o seu posto", engadiu.

"APOIO E CONFIANZA"

Así mesmo, Compostela Aberta mostrou o seu "apoio e confianza" en Jorge Duarte, ao tempo que valorou "moi positivamente todos os pasos de transparencia e a vontade de aclarar canto antes os feitos" tanto como polo edil coma por todo o equipo de goberno.

En relación a isto, cre que "o feito" de que o propio Jorge Duarte tomase "a iniciativa" e comunicase "publicamente a súa situación", así como que puxese a disposición do Goberno local as súas competencias "manifesta unha evidente actitude de transparencia e vontade de non interferir no día a día do Concello".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Meileiro

Outro cravo no ataúde de Compostela Aberta e din que é polo bar de Calvos Morais? Seriously?

3 Que expliquen

Era o bar de Morales ou non

2 Loles

Corruptos. Despilfarradorres. Ahora andais acojnados hahaha. Os está bien. Sereis juzgados con la misma vara de medir que vosotros juzgasteis, p-u-e-r-c-o-s

1 Pucha tapacalvas

Non esperabamos menos dos abertos. Agora virá o resultado electoral erroneo e a culpa será só de Manolo Dios nas súas áreas.