Temas: SEGURIDADE USO

Expediente sancionador ás empresas de seguridade da mina de Varilongo e polígono de Bértoa

A Delegación do Goberno sanciona a senllas empresas tras unha denuncia do sindicato USO despois de detectar irregularidades graves.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/12/2016 | Actualizada ás 07:43

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno vén de instruír expedientes sancionadores a dúas empresas, un pola contratación e utilización de persoal de seguridade que carece de habilitación especifica necesaria a propósito (Art.154.3.c- Regulamento Seguridade Privada) e outro en materia de uso de dispositivos e sistemas de seguridade (Art.49.3-Lei 5/2014), referidos á mina de Varilongo, en Santa Comba, e ao polígono de Bértoa, en Carballo.

Mina de Varilongo, en Santa Comba
Mina de Varilongo, en Santa Comba | Fonte: OGolpe en es.wikiloc.com.

Estes expedientes instrúense logo de senllas denuncias do secretario de organización da Federación de Seguridade do Sindicato USO, Iván Blanco, ante a Delegación do Goberno, considerando que estas instalacións incumprían gravemente a Lei de Seguridade Privada e que os servizos de seguridade eran prestados por persoal contratado polas propias empresas que non tiñan cualificación nin habilitación como vixiantes de seguridade. Ademáis, o sindicato denunciou que estas empresas non están homologadas e rexistradas para estas funcións.

Tras as denuncias, a Unidade de Seguridade Privada da Comisaría Provincial da Policía Nacional da Coruña, coa colaboración de Blanco, iniciou investigacións e comprobacións pertinentes. 

Blanco asegura que sairán á luz máis irregularidades nesta e outras instalacións sobre as que están a solicitar probas desde a súa Federación sobre a mesma materia, para poñelas a disposición da Delegación do Goberno.

Temas: SEGURIDADE USO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta