Formoso cre que o PSdeG necesita un secretario xeral e defende “pacificar” canto antes o partido

A súa misión é "conducir os designios provinciais" na Coruña, un "esforzo demasiado importante" como para dedicarse a "outros mesteres"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/12/2016 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de A Coruña, o socialista Valentín González Formoso, considera que o seu partido necesita un secretario xeral —actualmente está dirixido por unha xestora encabeza pola coruñesa Pilar Cancela—. Con todo, rexeitou falar de nomes polo momento e apostou por "pacificar" antes o partido.

Valentín González Formoso
Valentín González Formoso | Fonte: Torrecilla.

"Non toca falar de nomes en ningún caso, senón de pacificar un partido deteriorado e en constante disputa", subliñou o dirixente socialista nunha entrevista en RNE. É máis, sostén que este último asunto deber ser resolto "a curto prazo".

Preguntado por se el estaría disposto a dar un paso á fronte e asumir o liderado, volveu insistir en que non é momento de falar de nomes, ademais de engadir que a súa misión é "conducir os designios provinciais" na Coruña, onde dirixe a Deputación.

De feito, explicou que se trata dun "esforzo demasiado importante" como para dedicarse a "outros mesteres", en alusión ao posto de secretario xeral do PSdeG.

O que si pediu Formoso é a celebración dun congreso no seo do PSdeG. Así, explicou que aínda que non é necesario celebralo "xa", si é conveniente "ir fixando a época" para a súa celebración.

APOSTA POR "TER ALTURA DE MIRAS"

Cuestionado a continuación por se se debería cambiar a actual xestora por outra, apostou por "ter altura de miras, visión longa e ser capaces de non estar no caneo curto".

Deste modo, defendeu a necesidade de "apartar as diferenzas para unir o partido". "Ao final non somos un fin, senón un medio para a sociedade", precisou citando o fundador do PSOE, Pablo Iglesias.

Ao igual que hai máis de dúas semanas, Formoso deixou claro que non formará parte dunha xestora no seo do seu partido que non naza do consenso. "Agradezo que calquera compañeiro queira que figure o presidente da Deputación de A Coruña nesa xestora, e tería toda a lóxica do mundo, pero do que se trata agora non é de cambiar unha xestora por outra, senón de dar voz á militancia", argumentou en alusión á xestora que o PSOE de Vigo propuxo a Ferraz para o PSdeG, alternativa á que encabeza Piar Cancela e na cal figura o seu nome.

A pesar das diferenzas no seo do seu partido, considera que si chegará a haber 'pax interna': "Vaina haber seguro", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta