Temas: ANIMAIS LIBERA

Animalistas recollen 31.000 sinaturas para pedir a supresión do tiro ao pombiño en Galicia

Esta práctica realízase con carácter anual en dous municipios do país. A Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber considérana "tremendamente cruel".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2016 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber reuniron 31.300 sinaturas para pedir ao Goberno galego que deixe de exceptuar como legal a realización de campionatos de tiro ao pombiño, que actualmente se realizan con carácter anual en dous municipios de Galicia.

Protestas contra o tiro ao pombiño
Protestas contra o tiro ao pombiño | Fonte: Colectivo Ecoloxista do Salnés.

Os animalistas consideran que esta práctica é "tremendamente cruel", xa que consiste na solta dun grande número de pitos de pomba para que os participantes lles disparen a poucos metros do chan.

Ambas as dúas asociacións advertiron nos últimos meses de que estes campionatos "están sendo subvencionados de forma directa, e indirecta, por parte da Xunta de Galicia", a través da Federación galega de tiro ao voo.

O deputado de En Marea Francisco Casal rexistrou unha iniciativa para preguntar ao Executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo polas autorizacións outorgadas nos anos 2014 e 2015 para campionatos de tiro ao pombiño, así como polas previsións legais para abolir unha práctica "cruel e innecesaria".

Casal subliña nesta iniciativa que o tiro ao pombiño, que vén "sendo unha excepción ao maltrato animal na Lei de 1993, nada ten que ver coa actividade cinexética".

Temas: ANIMAIS LIBERA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta