Internet convértese no segundo medio de comunicación de Galicia

A última onda do EGM deixa datos negativos para case toda a prensa escrita do país e unha recuperación das cabeceiras estatais.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 08/12/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Internet convértase por vez primeira o segundo medio de comunicación máis popular en Galicia. Así o confirma a ultima onda do Estudio General de Medios (EGM), a terceira e última de 2016.

Datos do EGM por diarios impresos en Galicia na última onda de 2016
Datos do EGM por diarios impresos en Galicia na última onda de 2016 | Fonte: Prisa Labs

Datos por soportes

Así, o 63,1% dos enquisados respondeu que consultaba a Internet, fronte ao 60,6 por cento que escoita a radio. Por vez primeira a audiencia do ciberespazo supera as ondas hertzianas no país. Con todo, tamén hai que valorar que parte do público das radios está migrar a escoita a través da web, por exemplo mediante podcasts. 

Con todo, respecto a onda anterior, de xullo deste ano, a Rede é o único medio que medra significativamente en termos interanuais. Iso si, a televisión segue a ser a raíña da audiencia en Galicia. Case o 90% dos galegos confesan que a ven. Moi importante tamén é o crecemento da porcentaxe de galegos que di recibir impactos a través dos soportes de publicidade exterior, máis dun 80%.

Prensa escrita galega

No referido a prensa escrita editada no país,os resultados son moi dispares. Dende a última onda, retroceden case todos: La Voz (1,4%), Faro (-0,8%) El Progreso (-3,1%), La Opinión (-8,6%), El Correo Gallego (-1,5%), ABC (-6,3%) e Atlántico Diario (-12%). Especialmente preocupante é a evolución dos diarios do Grupo Capital. 

Datos do EGM por soportes en Galicia na última onda de 2016
Datos do EGM por soportes en Galicia na última onda de 2016 | Fonte: Avante Medios

Se ben El Ideal se mantén respecto a última onda, o certo é que a cabeceira herculina perdeu case a metade da súa audiencia dende 2013, agora anda os 16.000 lectores cando daquela tiña 31.000.  Unha situación similar a de Diario de Ferrol (anda polos 14.000 agora cando hai tres anos tiña 31.000) e Diario de Arousa (ten uns 7.000 e en 2013 tiña 12.000)

La Voz cae algo, pero segue a liderar o mercado con moita avantaxa sobre o resto. O diario de Santiago Rey anda polos 556.000 lectores fronte aos 264.000 do seu máis próximo competidor, Faro de Vigo. Con todo, hai que ter en conta que en 2012, La Voz andaba no EGM polos 638.000 lectores en 2012 e en 2013 polos 580.000. Polo tanto, retrocedeu case un 5% nos últimos tres anos. Pola súa banda, Faro tiña 259.000 lectores en 2013, polo que o seu avance nos últimos tres anos é de case un 2%.

Prensa escrita española

Deste EGM tamén destaca o crecemento dos dous principais xornais de ámbito estatal respecto a onda de hai tres meses. El aAís recupera até os 91.000 lectores galegos e El Mundo até os 48.000. Son crecementos importantes (11% e 23% respectivamente) pero hai que ter en conta que no prazo de tres anos o diario de Prisa acumula unha perda do 45% e El Mundo dun 33%. 

Navegando por Internet
Navegando por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Luís Carballude

"Especialmente preocupante é a evolución dos diarios do Grupo Capital". En absoluto, incluso para os seus traballadores. Todo depende de que o señor Collazo se farte de perder cartos, aí si que haberá problemas, pero se non poden vivir sen lectores, que é o camiño polo que van.

1 Raquel Tristras

Ana Pontón e Villares adoran La Voz de Malicia, participan das festas e aplauden a Santiago Rey. Logo os alcaldiños progres colocan propaganda e as formiguiñas do BNG e das Mareas de Podemos mercan La Voz de Malicia para colaborar na cruzada do seu dono contra o nacionalismo galego e axudan a difundir o ideario e os logros do Partido Podre. Temos o país que construimos, estámos facendo forte ao inimigo pensando que van falar ben de nós... Inocentes ou vendidos? Escolla vostede!

1 Gamela

La Voz subvencionada polo PP pero Faro de Vigo está totalmente ao servizo de Abel Caballero e as súas idioteces, ata o punto que resulta imposible ver no Faro algo que diga que Vigo perde algo... Se perde tráficos portuarios gaña un proxecto para facer un porto exterior... se Citroen marcha a Portugal resulta que Vigo produce máis coches... se os chinos queren mercar o estadio de Balaídos a noticia son os millóns que Abel & Carmela están a invertir no estadio... etc etc... E por riba cobra dúas veces, unha do Concello e a segunda vía suscrición vía web capada !!! Alguén debera investigar cantos cartos públicos está EMBOLSANDO Faro de Vigo para manter a Caballero !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

2 Gamela

A prensa local (e os telexornais) estanse convertendo inexorablemente en páxinas de sucesos cun toque morboso (Diana Quer) que vende xornais e oculta a realidade ! Hoxe esta era a Portada do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/... E o máis perigoso deste xornalismo é que á xente gústalle ler estas idioteces !!!