Temas: HUMOR TVG

Os presentadores do Telexornal limitaranse a ler La Voz de Galicia en alto

A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/12/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia asinará un novo convenio co grupo de comunicación coruñés para que os informativos da TVG pasen a ser a versión audiovisual da versión impresa de La Voz de Galicia.

Presentadora do Telexornal lendo o guión do informativo
Presentadora do Telexornal lendo o guión do informativo | Fonte: temposgalegos

“Feijoo le paga a La Voz de Galicia millones de euros para que cuenten lo que nosotros queremos. El público no notará la diferencia.”, comentan fontes internas da CRTVG que engaden que, con esta medida, aforrarán os soldos do departamento de redacción de informativos para así poder destinar máis cartos ao xornal de Santiago Rey.

Os novos informativos da TVG poderán ser descargados da sección de podcasts tanto na páxina da CRTVG como na páxina de La Voz de Galicia.

Temas: HUMOR TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Antecedentes de feito: o rexidor local de Vigo leva 12 anos facendoo sen que ninguén se decatase... Mantén unha televisión e un xornal que din o mesmo tódolos días e repiten as emisións en diferido / ou publican reportaxes na web // e todo pagado con cartos públicos que ninguén controlará... Tempos Esquecidos