Feijóo agradece o labor dos docentes e aposta por "seguir traballando" para mellorar aínda máis a calidade educativa

Liga a menor taxa de abandono escolar con que Galicia sexa a comunidade "con máis profesores" por alumno"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2016 | Actualizada ás 15:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou este mércores para "saudar, agradecer e felicitar" aos docentes por conseguir que Galicia estea, en calidade educativa, "por enriba da media de España, da OCDE e empatada ou superando países cunha renda e un PIB moi superior ao galego".

Manifestouno despois de facerse público que o rendemento dos alumnos galegos de 15 anos mellora cinco puntos en matemáticas (494) respecto ao anterior (2012), sobe en 10 puntos en lectura (ata 509) e se mantén en ciencias (en 512 puntos), segundo os datos do informe do Programa para a Avaliación Integral de Alumnos de 2015 (PISA, polas súas siglas en inglés) que se fixo público este martes.

Nunha visita a unha casa niño en Cenlle (Ourense), Feijóo apelou a "seguir traballando e apostando pola calidade" e polo "principio básico" da igualdade de oportunidades, que parte da "equidade e accesibilidade ás escolas do ensino público e do ensino en xeneral".

"Hoxe podemos acreditar que teño o mellor sistema educativo dende que hai medicións e a menor taxa de abandono escolar, o que probablemente sexa porque Galicia é a comunidade con máis profesores por alumno", defendeu.

"ESCALAR ALGÚN POSTO"

Feijóo recoñeceu que a Galicia aínda lle queda "escalar algún posto", xa que non lle gusta "estar de terceira ou de cuarta", pero insistiu en agradecer o traballo e profesionalidade dos profesores.

Por último, á marxe de insistir nos seus "parabienes", trasladou aos profesores e aos pais que "paga a pena" a educación e que os seus fillos "aprendan", xa que "é o que van levar na vida: os seus coñecementos e formación".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta