Profesionais do sector debaterán en Santiago sobre o teatro galego nas xornadas Dramaturxente

As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán entre o 8 e o 10 de decembro en Santiago de Compostela a profesionais de distintos ámbitos implicados na escritura teatral e a creación escénica que, baixo a organización do CDG e da Asociación DramaturGA, analizarán dende un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2016 | Actualizada ás 09:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán entre o 8 e o 10 de decembro en Santiago de Compostela a profesionais de distintos ámbitos implicados na escritura teatral e a creación escénica que, baixo a organización do CDG e da Asociación DramaturGA, analizarán dende un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia.

Así explicouno o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na presentación destas xornadas xunto coa directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, e Clara Gayo e Zé Paredes en representación de DramaturGA.

Máis de 30 relatores intervirán nas diferentes mesas de debate arredor das que se desenvolverá este evento, de matrícula gratuíta. O prazo de inscrición para profesionais e estudantes permanecerá aberto ata o 6 de decembro. O público en xeral terá acceso libre ata completar auditorio.

O dramaturgo Manuel Lourenzo, gañador do XIII premio Álvaro Cunqueiro, será o encargado do relatorio inaugural das xornadas, que terá lugar o día 8 e abordará a evolución histórica da dramaturxia galega.

Na xornada do venres, o programa articularase ao redor de tres mesas de debate baixo os títulos 'Editar teatro, por e para que', 'Dramaturxia e crítica literaria' e 'Texto/performance: dramaturxias escritas/non escritas'. O sábado terán lugar outras tres mesas, 'Teatro para nenas e nenos','Mulleres na dramaturxia' e 'Urdidoiras máis alá do drama' que darán paso á sesión de conclusións e a un encontro, final dos asistentes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta