Os veciños gáñanlle a guerra xudicial ao alcalde que quixo privatizar unha fonte

Non é o primeiro revés xudicial para os que quixeron apropiarse da fonte da Burga. Outro acordo de 1928 estipulaba que seguiría sendo dos veciños.

Por Galicia Confidencial | Caldas de Reis | 09/12/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A fonte da Burga, en Caldas de Reis, é dos veciños desde tempos inmemoriais... E seguirá sendo dos veciños. Así o recolle unha sentenza da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia logo de que o rexedor da localidade quixera municipalizar este manantial para a súa posterior concesión en réxime privado a algunha empresa termal.

Fonte da Burga, en Caldas de Reis
Fonte da Burga, en Caldas de Reis | Fonte: Youtube

Iso é o que temían os veciños que levaron o caso ante os tribunais. Non é a primeira guerra xudicial que gañan. Xa a comezos do século pasado, en plena efervescencia dos balnearios, tamén conseguiron chegar a un acordo para que a fonte seguira sendo pública. Máis na web colaboradora Historia de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta