As Novas Xeracións do PP recuperan a Paco Vázquez

O ex alcalde falará sobre a Constitución Española nunhas xornadas que organizan as mocidades populares na Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/12/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O ex alcalde socialista da Coruña, Paco Vázquez, volverá a ser protagonista político por un día. E, desta volta, non será da man do seu partido de sempre, senón do seu principal rival ao longo dos seus anos na alcaldía, o PP.

Feijóo e Francisco Vázquez
Feijóo e Francisco Vázquez | Fonte: C.P. La Opinión

E é que Novas Xeración do PP da Coruña convidarono a unha Charla-Coloquio sobre 'Consensos en torno a la Constitución Española'. Un evento que terá lugar o vindeiro luns 12 de decembro ás 20:00 horas na Fundación Barrié. 

Vázquez comparecerá rodeado doutros dirixentes políticos xa que, xunto a el, na mesa, estarán tamén José Luís Meilán Gil, que, coma el, tamén foi deputado na I Lexislatura e o actual deputado do PP,  Miguel Lorenzo Torres. A moderación da charla correspondera a Jorge Quindimil López profesor Universidade da Coruña.

Vázquez foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano. Desde hai uns anos está fora da primeira liña política e, mesmo, afastado do seu partido. De feito, foi moi crítico co PSOE nos últimos anos e deixouse querer por Ciudadanos, con cuxo líder, Albert Rivera, tamén chegou a compatir mesa de debate.

Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña
Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Desiderio

Cada quen adora a quen lle peta. Que Paco e o PP son o mesmo non debería ser noticia, por sabido e recoñecido. O que fai dospeitar e ver como os progres devecen por sair na foto con amo do chiringuito: na outra semana Ana Pontón e Villares na festa de La Voz, onte Ferreiro con Amancio http://www.lavozdegalicia.es/notici... . No palco das autoridades, e despois quere ser alcalde do povo, mirando desde arriba. Non esquecemos cando o Beiras do BNG e o Camilo o abrazaron, e o declararon fillo predilecto. Mande señor, que os servos obedecemos!

1 Fendeferro

Normal que conten co que foi o seu xefe durante décadas, hoxe musa de FAES e teórico de sombreiros jipijapa.