Conta atrás de En Marea para renovar a súa dirección

A formación instrumetnal abre o censo para participar no proceso de renovación da súa dirección e fixar a súa posición política

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

En Marea presentou este venres unha nova páxina web -medrando.enmarea.gal- a través de a que abre á cidadanía o censo que permitirá participar no proceso de renovación dos órganos de dirección así como na aprobación das súas posicións políticas.

Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.

Na rolda de prensa de lanzamento deste "proceso de participación" e na que estivo acompañado da membro da coordinadora María José Bóveda, o voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, explicou que por "razóns de legalidade" se debe elaborar este "novo censo" que será "estable e definitivo" e ao que se poderá ir sumando a cidadanía.

"Trae unha ferramenta que quere ser participativa, desenvolvemos unha aplicación informática propia, nun sistema de soporte multifunción para que todo o mundo que queira participar poida facelo dende a súa casa e dende este mesmo momento", destacou Villares.

Segundo indicou, dende este venres o censo xa estará aberto. Nel, a xente que xa participou no proceso de agosto terá que ratificar a súa información persoal para quedar inscrita; mentres que o resto de interesados que accedan por primeira vez terá que introducir os seus datos.

PLENARIO E DOCUMENTOS

Deste modo, conforme explicou, unha vez inscrita, cada persoa "adquire todos os dereitos" como membro do proceso de En Marea e poderá facer emendas tamén aos documentos referidos ao regulamento de participación interna e o de carácter político que debaterá a formación nun plenario que terá lugar o próximo sábado, día 17 de decembro. O partido instrumental publicará a través da súa nova páxina web estes dous textos, que serán os que propón a coordinadora e aos que os inscritos poderán facer emendas.

Así, unha vez recollidas as emendas, no plenario do sábado 17 está previsto que se debatan tanto os documentos orixinais como as achegas recibidas para aprobar os textos finais que marcarán o rumbo da organización no arranque do seu proceso de renovación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 amoxegador

A que país se refere este "documento político".

4 Gamela

Só pasaron tres meses dende o 25S e xa quedan fóra as persoas de 16 anos? Así me gusta a min a coherencia democrática da Marea... o futuro é dos vellos!

3 Gamela

Arre carallo co Documento Político !!! https://enmarea.gal/uploads/texts/f...

2 Gamela

Que "puta manía" ten sempre o Polit Bureau de poñer trabas dende o minuto un... https://enmarea.gal/asamblea-xaneir... / 20 avalistas para unha emenda / ?

1 Melenal viento

Pero non era un tema "instrumental". Pobre Billares antes vai volver ter melena que salvar a baixada da marea