Feijóo: "Toda a democracia debe facer fronte ao populismo"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compartiu este venres a percepción do seu homólogo estatal, Mariano Rajoy, quen apelou nunha entrevista con 'The Wall Street Journal' a combater os populismos, co argumento de que alí onde chegaron ao "poder" o que intentan é "menoscabar os piares da democracia".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compartiu este venres a percepción do seu homólogo estatal, Mariano Rajoy, quen apelou nunha entrevista con 'The Wall Street Journal' a combater os populismos, co argumento de que alí onde chegaron ao "poder" o que intentan é "menoscabar os piares da democracia".

"Toda a democracia debe facer fronte ao populismo", sentenciou o tamén líder do PP galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Ao fío desta afirmación, reflexionou acerca de que "tódolos sistemas democráticos" teñen "entre outros, o risco" de que, no marco "dun Estado de Dereito, de liberdades e de liberdade de opinión", xurdan "formulacións populistas"

Por iso, considerou "lóxico" que "a democracia se defenda a si mesma" e fixe mecanismos para "defender o propio sistema", toda vez que o populismo -esgrimiu- supón "unha ameaza".

A xeito de argumento, sinalou que, nos países nos que forzas populistas chegaron ao poder, se buscou "cambiar os sistemas democráticos", alterar "as garantías democráticas" e "intentar menoscabar os piares da democracia".

"Os demócratas debemos alertar a poboación sobre o risco dos sistemas populistas, que o que buscan é diminuír e erosionar o sistema democrático", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta