Echenique defende que os cargos de Podemos "teñen unha obriga" económica co partido

A líder de Podemos Galicia recorda que a formación ten un código ético que hai que encaixar coa carta financeira de En Marea

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 20:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, defendeu que os cargos públicos de Podemos "teñen unha obriga" co partido pero recoñeceu que corresponde "ao ámbito autonómico galego" decidir que deben de facer os deputados galegos cos seus salarios.

O responsable de organización pronunciouse deste modo este venres en declaracións aos medios antes de participar nun acto da xira 'Atarse os cordóns' e ao ser preguntado polas diferenzas xurdida en torno á dobre adscrición dos cargos de Podemos que pertencen ao Grupo Parlamentario de En Marea e a qué formación deben corresponder economicamente.

Ao respecto, tras insistir en que este é "un tema galego" e que a súa opinión "non é vinculante", asegurou que o seu punto de vista é "que a xente que pertence a podemos ten unha obriga con Podemos.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, recordou que esta decisión "non é unha decisión política" senón "estatutaria". "Temos un código ético que prevalece cando nos presentamos a cargos e a formar parte de Podemos que segue estando en vigor, polo tanto, terá que verse como se encaixa a carta financeira -de En Marea- co código ético de Podemos", remarcou.

"É unha cuestión interna que temos que arranxar internamente e que se arranxará do mellor xeito", resolveu a líder de Podemos en Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta