A xuíza que instrúe a 'Zeta' retoma este luns as declaracións dos presuntos 'líderes'

A trama investiga unha suposta fraude nas subvencións a cursos de formación que implica a altos cargos da Xunta.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/12/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña, que instrúe a 'Operación Zeta' -unha suposto fraude de subvencións destinadas a cursos de formación-, retomará as declaracións por esta causa este luns, día 12, segundo informou a Europa Press o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Gerardo Crespo coa cúpula do PP
Gerardo Crespo coa cúpula do PP

En concreto, o suposto 'líder' da trama, Gerardo Crespo, prestará declaración ese día, a partir das 9,30 horas, "quedando habilitado tamén o día seguinte por se fose necesario", precisaron fontes do alto tribunal galego.

A declaración doutro dos investigados, o presidente da Confederación Española de Autónomos e Profesionais de España (Caype), Eliso Calviño, será o día 15, ás 9,30 horas. Tamén, por se fose necesario, quedou habilitado o día seguinte.

Ata agora, os presuntos líderes da trama non prestaron declaración, no caso de Gerardo Crespo pola ausencia, no seu momento, dun informe da Axencia Tributaria sobre a cantidade presuntamente defraudada.

MEDIO CENTENAR DE INVESTIGADOS

Inicialmente, foron citados en condición de investigados un total de 30 persoas, entre eles as dúas persoas citadas a declarar en decembro. Nun posterior auto da xuíza, figuraron 25 novos investigados e outras 23 testemuñas.

O empresario conseguidor da Operación Zeta, Pachi Lucas, detrás de Feijóo, nunha sesión taurina na que tamén está Rajoy e outros cargos do Partido Popular
O empresario conseguidor da Operación Zeta, Pachi Lucas, detrás de Feijóo, nunha sesión taurina na que tamén está Rajoy e outros cargos do Partido Popular

Entre os primeiros, figuran nomes como a exdirectora xeral de Traballo, Ana María Díaz, ou o exdirector de Formación e Colocación durante o bipartito da Xunta, Pastor Fuenteseca Díaz. Entre as testemuñas citadas, están a ex conselleira de Traballo e actual responsable de Medio e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

INVESTIGACIÓN

O xulgado iniciou, en decembro de 2011, a investigación sobre unha posible fraude no cobramento de subvencións tras recibir un atestado do Grupo de Delincuencia Financeira e Fiscal da Brigada Provincial da Policía Xudicial na Coruña.

A causa séguese polos delitos de fraude de subvencións ou estafa e malversación de caudais públicos, ademais doutros delitos conexos como falsidade documental, suborno e branqueo de capitais.

Entre as persoas investigadas atópanse responsables de organizacións de autónomos, fundacións e profesionais de distintos ámbitos, ademais de exaltos cargos da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta