Pablo Iglesias une aos críticos do PSOE en Galicia

Unha das promotoras da manifestación pacífica 'A revolución das rosas' ante a sede do PSOE en Madrid liderou o acto de homenaxe ao fundador do PSOE.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/12/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Os críticos a actual xestora socialista tamén se mobilizan en Galicia. Este venres, 91 anos despois da morte do fundador do PSOE, Pablo Iglesias, un grupo de militantes decidía realiar un pequeno acto comenmorativo en Ferrol, onde naceu o líder político.

Acto de homenaxe dos militantes socialistas críticos fronte o monumento de Pablo Iglesias en Ferrol. Foi lideado por Aida Loira, unha das impulsoras da 'revolución das rosas'
Acto de homenaxe dos militantes socialistas críticos fronte o monumento de Pablo Iglesias en Ferrol. Foi lideado por Aida Loira, unha das impulsoras da 'revolución das rosas'

Estte grupo de militantes do PSdeG-PSOE, en representación do movemento La Revolución de las Rosas, achegouse ao monolito de Pablo Iglesias no Cantón de Molins de Ferrol, a súa cidade natal. O grupo estaba liderado por Aida Loira, unha das promotoras de dito movemento, que depositou unha rosa vermella, símbolo do Partido, ao pe do monumento.

Previamente, dirixiu unhas palabras aos asistentes recordando a importancia da mensaxe do fundador do PSOE e da UGT na liña da defensa das liberdades individuais e colectivas, así como suliñou o orgullo de ser socialista "neste tempo convulso de volta ás loitas xa gañadas hai tempo e que hoxe nos vemos na obriga de reivindicar".

Este acto coincidía con outra homenaxe que os dirixentes do PSOE, con Javier Fernández ao fronte, realizaban ante a tumba de Pablo Iglesias, en Madrid e na que o novo líder da xestora tamén tivo que escoitar algúns berros críticos de parte dos asistentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta