A Fiscalía 'traballa' para que a causa contra Feijóo e Rueda non prospere no TSXG

O primeiro informe do fiscal de Lugo apoiaba as teses da xuíza De Lara para enviar as dilixencias ao Superior de Galicia, pero o ministerio rectificou axiña e pediu o "sobresemento definitivo" tras consultar co Fiscal Xeral do Estado e coa Fiscalía Superior de Galicia. Argumenta que “una parte mayoritaria de la sociedad consideraba como usos sociales arraigados” enviar lotes de Vega Sicilia de ata 875 euros como aguinaldo.

Por Xerardo Porto | Compostela | 10/12/2016 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

“Por todo lo expuesto, y sin prejuzgar lo que puedan decidir los tribunales competentes, el fiscal entiende que procede elevar exposición razonada a la Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Justicia de Galicia con relación a don Alberto Núñez Feijóo, don Alfonso Rueda Valenzuela y don Alejandro Gómez Alonso, y a la Sala Segunda del Tribunal Supremo con relación a don José Blanco López”, asegurou o fiscal de Lugo en decembro de 2015, apoiando as teses da xuíza Pilar de Lara para investigar os agasallos recibidos de Monbus polo presidente e vicepresidente da Xunta, entre outros aforados.

Fernando Suances, fiscal superior de Galicia
Fernando Suances, fiscal superior de Galicia | Fonte: alternativas xustiza

No cabe otra posible solución que el archivo de los procedimientos por versar sobre hechos que (…) carecen de relevancia penal”, rectificou o fiscal xefe de Lugo, Roberto Brezmes, en maio de 2016 tras recabar de la Fiscalía Xeral do Estado e da Fiscalía Superior de Galicia un “criterio común” para todas as causas abertas pola xuíza Pilar de Lara.

O argumento, exposto nun recurso de reforma con data 4 de novembro deste ano, é cando menos sorprendente: “Aunque la conducta de recibir lotes de botellas de vino en Navidad por autoridades y funcionarios no se ajusta actualmente a los códigos éticos, normativa ad hoc y a las buenas prácticas de una Administración moderna, transparente y eficiente, es lo cierto que en los años en que se realizaron, una parte mayoritaria de la sociedad los consideraba como usos sociales arraigados, ajenos al ámbito jurisdiccional penal”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente Alfonso Rueda, recibiron como aguinaldo polo Nadal, entre 2010 e 2013, máis de 2.300 euros en lotes de viño Vega Sicilia. Non son os únicos, tamén aparecen nas listaxes de agasallos enviados por Monbus o ex-ministro socialista José Blanco, e os populares Pilar Rojo, Alejandro Gómez e Xosé Manuel Barreiro, entre outros cargos. As listas que aparecen nos informes de Aduanas recollen máis de 90 nomes de altos cargos e funcionarios de distintas Administracións coas que Monbus mantén contratos millonarios.

Nun auto do 21 de outubro, a xuíza Pilar De Lara rexeita os argumentos da Fiscalía: “Al entender de esta instructora es claro que la realización de tales prebendas está directamente vinculada al cargo que desempeñaban los citados funcionarios y autoridades, pues resulta obvio que de no ostentar tales cargos no habrían recibido los regalos en cuestión”. Para a maxistrada de Lugo, “al recibir y aceptar el obsequio quedan tácitamente en una situación de correspondencia y compromiso”.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

"Máis alá dos usos socialmente admitidos"

A xuíza lembra o primeiro informe do Fiscal apoiando as súas teses, na que se consideraba que ditos obsequios “pudieran ir más allá de los usos socialmente admitidos”, xa que eran enviados “a un número elevado de autoridades y funcionarios públicos con la intención de propiciar una buena relación entre el grupo empresarial (Raúl López) y las diferentes Administraciones, y obtener ventajas y facilidades en la consecución y adjudicación de contratos y servicios”. O fiscal Jesús Álvarez destacaba no seu escrito de decembro de 2015 que a proba da intencionalidade dos agasallos é que a José Blanco se lle rebaixara o seu valor ao deixar de ser ministro no 2011.

A xuíza expón no seu auto un dato chave: “La realización de regalos desaparece en diciembre de 2015 (en marzo de ese año se produjo la detención de Raúl López), cuando lo lógico es que si su envío se debiera a meras razones de cortesía, de amistad, familiaridad o cualesquiera otras, tendrían continuidad en el tiempo”. E engade: “Tampoco se admite el que tales comportamientos, de recepción de regalos, fuera una conducta tolerada socialmente en la época de su realización. De hecho, su inadmisión social provocó, no solo un asituación de alarma social y mediática, sino la aprobación de los sucesivos códigos éticos y de conducta”.

Significativa foi a declaración de Tomás Fernández, representante dunha distribuidora, ante a xuíza Pilar de Lara en decembro do 2015. O empresario sinalou que este tipo de agasallos se fixeron ata decembro do 2014 e cesaron no 2015. Cando chamou a Raúl López para ver que pasaba, o dono de Monbus díxolle que ese ano non lle mercaba nada “ni de coña, que hay que tú no sepas?”

Malia que o Ministerio Fiscal, tras consultar coas altas instancias, entende que os feitos “carecen de relevancia penal” e solicita o “sobresemento libre” das dilixencias iniciadas, a xuíza Pilar De Lara desestima o recurso e decide enviar as exposicións razonadas sobre, nun principio, varios aforados (os populares Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Alejandro Gómez, e o socialista José Blanco) ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ao Tribunal Supremo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 AntÍa

Neste país, inzado de corruptos e de medios colaboradores, tiña que haber máis xuízas e xuíces como esta e menos fiscais como este que ceden as presións políticas.

3 Gmela

cantos anos leva esta muller mareando a perdiz ? acaso pensa alguén que se pode elevar a xuízo público unha trapallada coma esta? se quere INVESTIGAR que busque a ilegalidade dos millóns de cartos públicos que foron parar a mans privadas (?) Se non foron ilegais ou non pode demostralo... os 2.000 €uros en viño xa están amortizados de sobra coas actuacións desta muller // Queremos xuizas SERIAS non trapalleiras que levan dez anos tocando o nabo sen sentar a ninguén no banco dos acusados !!! Pepe Blanco xa marchou de rositas no Supremo!!! Sinceiramente penso que esta muller é un FRAUDE !!!

1 viaje@itaca

Non se trata de aforrar cartos á administración, senon de perseguir delincuentes. A pregunta é se hai ou non un comportamento delictivo. Tamén lle poden regalar 2.000€ en viño de luxo a un xuíz que teña que tomar unha decisión sobre un caso importante que nos afecte, ou? Si os acepta, tamén é por cortesía... Dime que pecado perdoas e direiche qué pecado cometes.

2 Lućia Precedo No

Cada día entiendo menos.Pero como vas a explicarle a la mayoría de los empresarios que lo que hicieron durante años,y se consideraba norma en Navidad:cestas,cajas de vino...ahora està mal.Dónde està el límite??? Por otra parte,la gente que devolvía esos regalos,que la hubo y la hay,eran considerados como mal educados. Creo que depende de muchos factores.Pero detras de un obsequio por Navidad no tiene porqué devolver con otro regalo ni por su puesto con un favor o beneficio.Las normas de cortesía son una cosa,los chantajes otra.Ellos sabràn.

1 Pepe Cabido

As normas de cortesía deste tipo son para amigos ou coñecidos cos que non te vencellan intereses económicos ou doutro tipo. Imaxina a un profesor antes da avaliación ou a un xurado de oposicións recibindo agasallos mentes avalía aos opositores. Poden mesmo facelo transparente e poñer un posto na entrada para que se vexan os agasallos de cada opositor. Xa dicía Platón, vai para 2500 anos, que unha sociedade xusta sería cando os gobernates fosen xustos e só os gobernates serán xustos cando os/as cidadás sexan xustos/as. Xustificar este actos non nos fai xustos nin xustas. Onde estaría o límite nos agasllos?: un xaguar?, un piso en Madrid?, ...Que mágoa!!!

1 ruxe

logo é normal q se suban o soldo 7, 5 por cento...... os viños de alta gama estan moi caros.....