As pymes galegas pagan ao ano uns 8 millóns de euros de "penalización" por luz que non consumen, segundo Unieléctrica

As pequenas e medianas empresas galegas (pymes) "están a pagar en concepto de penalización pola enerxía reactiva en torno a 672.000 euros ao mes, uns 8,06 millóns de euros ao ano", segundo sostén a comercializadora Unieléctrica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2016 | Actualizada ás 15:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As pequenas e medianas empresas galegas (pymes) "están a pagar en concepto de penalización pola enerxía reactiva en torno a 672.000 euros ao mes, uns 8,06 millóns de euros ao ano", segundo sostén a comercializadora Unieléctrica.

"Se se toma como media un modesto negocio de hostalaría que utilice, por exemplo, tres refrixeradores e dous fornos-cociña, un par deles de certa antigüidade e, polo tanto pouco eficientes, carrexaríalle unha penalización mensual en torno a 20 euros", indica Unieléctrica.

"Para entendernos, e xeneralizando moito, a enerxía reactiva é unha carga que volve á rede tras a posta en marcha de dispositivos electromecánicos, unha electricidade que non serve para nada ao usuario á vez que sobrecarga e distorsiona a rede, en ocasións de forma moi prexudicial tanto para o distribuidor coma para todos os seus clientes", sinalou a compañía.

Ao respecto, explicou que esta enerxía reactiva, "que queda perfectamente reflectida no contador e nas facturas", ten "unha importante penalización dende o ano 2010, elevando os recibos en ocasións con centos de euros ao ano e miles ao cabo duns exercicios de actividade do negocio", advertiu.

En Galicia, por provincias, as "penalizacións por enerxía reactiva" ao longo do ano "suporía para as pymes e autónomos uns 3,27 millóns de euros na Coruña, 1,28 millóns en Lugo, 1,02 en Ourense e 2,48 en Pontevedra,", segundo destacou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta