A obra do fotógrafo galego José Suárez, protagonista dunha exposición en Uruguai

A obra do fotógrafo galego José Súarez xa está exposta no centro cultural de España na capital de Uruguai, Montevideo. De feito, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este venres a mostra sobre a obra dun dos referentes da fotografía en Galicia e en España na primeira metade do XX.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2016 | Actualizada ás 17:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A obra do fotógrafo galego José Súarez xa está exposta no centro cultural de España na capital de Uruguai, Montevideo. De feito, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este venres a mostra sobre a obra dun dos referentes da fotografía en Galicia e en España na primeira metade do XX.

En concreto, a exposición titúlase 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan', e recorda ao galego de Allariz (Ourense) que se exiliou en América tras o estalido da Guerra Civil e que viviu en Arxentina e Uruguai, dous países esenciais no seu periplo vital.

"Innovador, experimental, inquedo e visionario". Así o cualificou Anxo Lorenzo, quen tamén o describiu como un dos fotógrafos galegos "máis notables": "Un artista imprescindible que renovou a linguaxe fotográfica e que nos legou imaxes icónicas convertidas en parte da historia visual de Galicia".

A exposición chega a Montevideo grazas á colaboración da Embaixada de España neste país, e despois de pasar polo Centro Cultural Borges en Bos Aires e polo Instituto Cervantes en Madrid.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta