Temas: SEGURIDADE

Os clientes de Segur Ibérica ameazan con rescindir o contrato senón se lle paga aos traballadores

A empresa de seguridade asegurou ao Comité de Empresa que aboará a parte do persoal as cantidades que lles deben.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/12/2016 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Os sindicatos e Segur Ibérica reuníronse xa con varios clientes desta empresa de seguridade. Unhas xuntanzas nas que destacan o "gran interese" que teñen por solucionar o conflito laboral que existe, logo de que os traballadores non teñan cobrado o seu salario.

Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros
Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros | Fonte: Europa Press.

USO e CCOO destacan a "celeridade" coa que están a ser recibidos. Ademais, suliñan que algúns clientes pediron á representación sindical que colaboren con eles e reúna documentos asinados polos vixiantes certificando aos que non lles abonaron as nóminas, para así poder xustificar a rescisión de contratos con Segur Ibérica ou reter a facturación sen incumprir o acordado.

Segundo informan Javier Souto e David Freire, portavoces de USO e CCOO nestas reunións, os clientes da empresa de seguridade din que son conscientes que nos contratos públicos haberá mais complicacións para buscar unha vía de solución con celeridade, debido ás trabas burocráticas.

"Advirten, que se finalmente houbese unha venda da compañía por unidades produtivas como informa Segur Ibérica nas reunións do ERE, os máis prexudicados serían os vixiantes sen servizo fixo asignado, que serán os que máis risco corre o seu emprego e o abono dos seus salarios", indican os sindicatos.

Por outra banda, Segur Ibérica asegurou ao Comité de Empresa que, durante a semana próxima, abonará a parte do persoal as cantidades que lles deben.

Temas: SEGURIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta