Feijóo responde en La Voz aos agasallos recibidos polo dono de Monbús

"É outra filtración parcial máis que quedará en nada", di o presidente da Xunta nunha entrevista no xornal coruñés que evitou informar sobre estes agasallos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2016 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciouse sobre o listado de políticos que entraban no obxectivo dos regalos do empresario lucense Raúl López, propietario do Grupo Monbus e investigado no marco da 'Operación Cóndor'. E o fixo no xornal La Voz de Galicia, que non informou do caso.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

"É outra filtración parcial que quedará en nada", asegurou en relación á presenza do seu nome neste listado, que publicou Galicia Confidencial, ademais doutros medios como El Confidencial, PúblicoEl Diario, no que figuran os nomes do propio xefe do Executivo galego e do exministro de Fomento José Blanco.

Nunha entrevista neste xornal coruñés , Feijóo explicou que hai "unha serie de filtracións parciais"que din que un empresario, en alusión a Raúl López, lle enviaba "seis botellas de viño por Nadal" dende antes de que fose presidente. "Como se pode imaxinar, un presidente está pendente doutras cuestións", subliñou, xusto antes de precisar que o propietario de Monbús dixo ante a xuíza Pilar de Lara que "se sentía frustrado" porque o mandatario galego "non o atendía".

A continuación, sinalou que, para este tipo de cuestións, hai un departamento de protocolo. "Eu non podo corroborar cada dato que salga dunha filtración parcial a medios da que tanto eu, como imaxino o outro cento de mencionados (os outros nomes que figuran no listado), non temos a máis mínima información nin comunicación", defendeu.

Neste sentido, indicou que "moito menos" pode corroborar estes datos cando son "feitos anteriores" ao momento no que se aprobou o código ético que regula a recepción de cortesías e regalos institucionais para "evitar interpretacións" como as que, ao seu xuízo, preténdense buscar con esta filtración".

Monbús explica que era "habitual" en Nadal

Sobre este asunto, a empresa de transporte Monbus enmarcou este sábado no "habitual en Nadal" os regalos "de cortesía" que a empresa enviou a cargos políticos de diversa cor política "sempre" en época navideño.

Preguntado por se lle preocupa que o caso poida prosperar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), resolveu que non. "Non me preocupa porque sei perfectamente cál é o meu xeito de actuar. [...] Pero ademais, segundo as informacións, o fiscal do caso, loxicamente, di que non hai nada", resolveu.

Estas declaracións prodúcense despois de que Vixilancia Aduaneira solicitase nun informe enmarcado na investigación da denominada 'Operación Cóndor' un listado de regalos enviados polo empresario lucense de Monbus, Raúl López, a políticos de diferente cor política.

En concreto, o informe de Vixilancia Aduaneira, segundo publicaron medios dixitais como 'Praza Pública', El Confidencial e Galicia Confidencial, recollido por Europa Press, inclúe nomes e cargos de máis dun centenar de políticos e algúns técnicos relacionados con administracións que contrataban con Monbus aos que supostamente Raúl López remitiu regalos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 FriendsForever

O dos agasállos é puro uso consuetudinario. Temos o Santi Rey que gracias os cartos de todos os galegos, regalados via DOG, subiuse o soldo e nun acto de mimética solidaridade, Frijolito fixo o mesmo.

2 Gamela

Coidado con gastar a pólvora en foguetes de feria! Está ben informar pero este caso das botellas de viño de Pilar De Lara resulta ridículo en sí mesmo! Ogallá fose unha INVESTIGACIÓN REAL e non caralladas da xuíza máis coñazo que tivemos nunca en Galicia! ¿Pensa acaso esa muller que así vai haber caso penal algún? Estamos de coña. Galicia Confidencial debera preguntarse por outras fontes de financiación máis interesantes: ¿canto paga Abel Caballero a LOCALIA TV e a Faro de Vigo por mentir tódalas semanas durante máis de 10 anos? ¿Como transfiren cartos públicos a empresas en Quebra Técnica como a trama de empresas do Auditorio Mar de Vigo? etc etc... https://goo.gl/0ienUR As botellas de Lara non son máis que FUME !!!

1 remixio

tranqui pepeiro, non te alporices

1 Tina

Otia¡!!! Que Juai e canto nos cura esa entrevista ós galegos.... A ver..... Un millón de euros por mes por doce meses = 12 millons de euros, tampoco é tanto... E por suposto, tampoco lle pregunta pola suba do soldo, cachis, esqueceuselles....