Formoso evita afondar as divisións con Abel Caballero

Di que só discrepa con en "algunhas cuestións" do partido e descarta a volta de osé Ramon Besteiro á primeira liña política.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2016 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de A Coruña, o socialista Valentín González Formoso, afirmou que coincide co alcalde de Vigo e compañeiro de filas, Abel Caballero, "na maioría das cuestións". "Somos compañeiros de ideoloxía", subliñou, xusto antes de recoñecer, non obstante, que non están de acordo no xeito de xestionar "algunhas cuestións".

Abel Caballero e Valentín González Formoso nun encontro nas Pontes
Abel Caballero e Valentín González Formoso nun encontro nas Pontes | Fonte: Europa Press

"Pero tampouco coincido ao cen por cen coa miña muller", chanceou o socialista nunha entrevista en cadea Ser, negando así ser o contrapunto ao alcalde socialista de Vigo.

A continuación, rexeitou que o PSdeG estea a esperar o exsecretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, de quen di que é simplemente "un militante máis". "Un amigo no meu caso", engadiu, para logo indicar que o lucense está "integrado na vida laboral" e "resolvendo a súa situación xurídica".

Gómez Besteiro presentou a súa dimisión unha semana despois de que a xuíza Pilar de Lara sumase seis delitos aos catro polos que xa lle estaba a investigar noutra causa.

Como xa fixo noutras ocasións, Formoso rexeitou a posibilidade de dar un paso á fronte e postularse como líder do partido en Galicia. "Estou dedicado ao labor municipal no Concello (de As Pontes) e na Deputación, e non concibo ningún outro paso", asegurou.

Neste sentido, asegurou que, ata o congreso, "hai tempo para xerar alternativas interesantes". "O PSdeG ten miles de militantes; presidimos tres deputacións, tamén a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), e temos máis alcaldes que nunca", destacou.

Mentres non se celebre o congreso en Galicia, amosouse partidario de enriquecer a xestora, presidida actualmente pola deputada no Congreso Pilar Cancela. "Non achega nada cambiar unha xestora por outra", subliñou unha vez máis, despois de que o PSOE de Vigo formulase a Ferraz unha xestora galega presidida pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Mentres a Marea de Vigo de Rubén Pérez leva dous anos tocando a zambomba !!! https://temposgalegos.com/2016/12/0...

2 Gamela

Besteiro é outra vítima de Pilar De Lara ! Mentres algúns teñen patente de corso para mentir tódolos días sen responsabilidade algunha ? http://cabozo.com/taboext.php?grupo...

1 Gamela

Pois algúns sabemos da maneira que ten Abel & Carmela de xestionar a criminalización do activismo social en Vigo (enviando á Policía Local a MENTIR diante do xuíz para condear a un INOCENTE a 2,5 anos de prisión e 30.000 €uros!) mentras adícase a convertir Vigo en Disneylandia (Dinosetolandia) e a meter barcos en rotondas mentras négalle o pan e o sal ás familias que carecen de medios para pagar a factura da luz! Este Caín é capaz de EXPORTAR as súas mañas vía FEMP a moitas máis cidades e DECAPITAR a resistencia da Cidadanía ás súas maniobras PRIVATIZADORAS! En Vigo sabémolo ben e non é ningunha COÑA! https://diegoabsolucion.wordpress.c... Se queredes asinar pola ABSOLUCIÓN de DIEGO aquí tedes un lugar de LIBERDADE! https://www.change.org/p/juzgado-pe...