Temas: ABANCA

Os robots tamén chegan aos bancos

"Chámome R4, son un robot de protocolo e encántame coñecer xente nova". É como se presenta este robot presentado por Abanca e cuxo software foi desenvolvido en Galicia.

Por E.P. | VIGO | 12/12/2016 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Abanca realizou este luns en Vigo a presentación oficial en Galicia do seu novo robot humanoide e autómata, con capacidade para interactuar cos clientes e colaborar na atención e os labores comerciais que ofrecen os empregados da entidade, para o que utiliza un software "100 por cento galego".

Robot presentado por Abanca
Robot presentado por Abanca | Fonte: Abanca

A oficina principal de Abanca en Vigo acolleu o acto, no que o director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao, mostrou algunhas das funcionalidades do robot, que ademais de informar de forma personalizada das quendas e do comercial que lle toca a cada cliente, así como sobre os produtos financeiros, tamén pode sacar 'selfis' e os imprimir e bailar o coñecido 'Gangnam style'.

Trátase dun proxecto piloto que xa estivo en Madrid -onde segundo Aldao, foi "a estrela da festa"- e o pasado luns -de forma non oficial- en Pontedeume (A Coruña), e que agora arrancará unha xira por distintas oficinas de Abanca para avaliar como é recibido por parte dos usuarios do banco; de feito, o próximo mércores estará na Coruña.

O obxectivo deste robot, que fala, entende e explica, é responder a preguntas e axudar aos clientes, facer máis levadeiro e reducir os tempos de espera, xerar empatía e mellorar a relación dos xestores cos clientes. Neste marco, cuestionado sobre se pode ameazar o número de empregos, Aldao asegurou que "vén a axudar a facer o traballo, non a quitalo".

O 'R4', que así é como se chama o robot, foi fabricado en Xapón pero o seu software foi desenvolvido "dende cero" en Galicia. Así, está integrado cos sistemas do banco e, mentres interactuar cos usuarios, avisa cando corresponde da quenda para ser atendido. Actualmente fala castelán e inglés, pero xa se está a programar en galego.

"Chámome R4, son un robot de protocolo e encántame coñecer xente nova", preséntase o androide, que recoñece o nome do usuario e, entre outras actividades propón: "¿ Falamos un pouco? Ou podemos facernos un selfi". "Dá un punto máis humano á tecnoloxía do banco", destaca a entidade, que esperará a ver como é recibida a iniciativa para decidir a súa posible implantación.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta