Un libro para ler de tres xeitos diferentes

Bolanda acaba de editar un novo libro de Concha Blanco, a coñecida pedagoga e autora ceense. DO RE MI FAntasía está pensado para o público infantil e xuvenil e trátase dunha obra moi especial porque pode ser lida de diferentes maneiras en función do interese e das capacidades dos cativos..

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 13/12/2016 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Así, Bolanda explica que “os amantes da poesía poderán ler este libro en verso, saltando as partes en prosa; os que gustan máis dos relatos só teñen que omitir as poesías, e aqueles que gusten de ambas as dúas poderán ler o libro de principio a fin, alternando prosa e verso”.  Trátase pois dun libro moi divertido para ler e reler con nenos de diferentes idades, o que o converte nunha boa opción para os agasallos de Nadal.

Concha Blanco, escritora
Concha Blanco, escritora | Fonte: AELG Distrito Xelmar

Olaya Naveira encárgase das ilustracións deste volume de 48 páxinas editado en tapa dura e cuxo prezo nas tendas en liña ronda os 16 euros. Naveira tamén se encargara no seu día de ilustrar Lobishome, reinterpretando o imaxinario de Blanco.

Concha Blanco é unha das autoras máis prolíficas da literatura infantil e xuvenil en galego. Profesora xubilada, xornalista e pedagoga, acumula numerosos premios, como o Frei Marín Sarmiento ou o de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. 

DO RE MI FAntasía, libro infantil editado por Bolanda
DO RE MI FAntasía, libro infantil editado por Bolanda
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta