Desde Afganistán a Galicia para aprender galego

Alumnas e alumnos de sete nacionalidades aprenden lingua e cultura galegas na Universidade de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/12/2016 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O galego é un idioma de futuro, aínda que sexa minoritario. Así o cren estudantes de distintas partes do mundo que viñeron a Galicia a aprender a lingua e cultura galegas na Universidade de Vigo mediante o curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro que organiza a Área de Normalización Lingüística. 

Estudantes que fan o curso de galego na Universidade de Vigo
Estudantes que fan o curso de galego na Universidade de Vigo | Fonte: Duvi

De feito, para estudalo, chegaron estudantes desde Afganistán. A actividade reúne este cuadrimestre a 22 mozos e mozas de sete nacionalidades diferentes, persoas con raíces moi diversas, dende serbias ata afganas ou libanesas. Alemaña é o país que máis estudantes achega á aula, un total de 13, seguido de Italia e República Checa, pero tamén hai alumnado de China, Brasil, Inglaterra e Córsega.

Durante o curso, dirixido pola docente María Fernández, o alumnado aprende a comunicarse en galego dun xeito básico. Que saiban saudar, describirse fisicamente, expresar gustos e afeccións, son algúns dos obxectivos do programa, que tamén aborda contidos gramaticais. Trátase dun temario amplo, “difícil de abranguer en 60 horas”, explica a profesora.

Lingua e cultura

No eido cultural a paisaxe, o clima, as costumes, a xeografía ou as crenzas están entre os contidos máis vistos. Aos estudantes “chámalles a atención a orixinalidade de certas manifestacións culturais coma os hórreos ou os personaxes do Entroido ourensán, que individualizan Galicia do resto do Estado”, sinala a docente. Nalgúns casos, dependendo da súa procedencia, “sorpréndense tamén da similitude do galego coas súas linguas”, subliña.

“O grao de implicación e de esforzo dos alumnos e alumnas é variable”, apunta Fernández, ao tempo que sinala que o interese e as expectativas de cada un son distintas. Nas sesións realízanse moitas tarefas de carácter comunicativo coa finalidade de aumentar a capacidade para expresarse tanto oralmente coma por escrito, e tamén para mellorar a compresión auditiva e lectora. A maioría do alumnado consegue expresarse por escrito a nivel básico, e nalgúns casos “ata son capaces de falar sobre temas cotiáns, coa dificultade lóxica que isto supón”, explica a responsable do curso, que tamén insiste en que a realidade sociolingüística da cidade de Vigo non lles axuda a ter unha percepción obxectiva do uso da lingua galega no territorio.

Coñecer a etnografía e a xeografía galega de primeira man

Como non todo vai ser estudar, o curso destina 15 horas a actividades de carácter cultural e lúdico, xeralmente excursións, realizadas fóra do horario lectivo. Para coñecer a realidade etnográfica e xeográfica da terra, o grupo visitou a Serra da Groba e a zona costeira de Baiona, onde tamén puideron ver un dos máis importantes petróglifos de carácter naturalista, na Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros. 

Noutra ocasión, os estudantes estiveron en Oseira, Ribadavia e Tui, para observar de preto a cultura do viño e a Galicia histórica. As excursións remataron cun percorrido polo mosteiro de Carboeiro e as fervenzas do río Toxa, para coñecer de preto o bosque de ribeira que nace na contorna do río Silleda. O obxectivo, segundo informa a profesora, “é coñecer espazos naturais de gran valor paisaxístico”. 

Pero ademais de aproveitar para facer turismo durante a fin de semana, tanto estudantes como a propia docente fixeron, esta vez en horario lectivo, unha saída ao monte do Castro e ao centro histórico de Vigo, e outra ao Museo Etnográfico Liste e ao pazo de Castrelos. Unha visita ao Museo do Mar de Galicia e á contorna de Alcabre o día 15 de decembro, logo de catro meses, dará por rematado o curso, momento no que “seguramente organicemos unha queimada a modo de despedida”, comenta María Fernández.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Nexus 6

Si es que hay frikis pa tó

1 nostrus

Yo defiendo que cada uno intente aprender aquello que le guste, pero a lo que me opongo es a que alguien se le obligue directa o indirectamente a aprender y hablar una lengua por el simple hecho de que este en peligro de exticion. Los nacionáticos seguro que me observan como un hereje que se opone a que se obligue a alguien a practicar una religion, pero quisiera saber cuantos de ellos dedican su tiempo a aprender cheroqui para que esta lengua no desaparezca, o cuanto tiempo destinan a aprender a ordeñar de modo manual para mantener la cultura. Estoy a favor de que se promocionen las lenguas pero de modo que estas resulten atractivas y que sea la persona quien decide aprenderla y usarla. pero sin invertir en ello grandes cantidades de dinero que solo sirve para que unos cuantos listillos vividores se lucren de ello. A ver naciotas, demostradme vuestros conocimientos del latin y el griego.

1 teutonio

Meu, levas anos ou décadas ca mesma cisma, repetindo slogans, creando, buscando e meténdote en polémicas.. haiche psicoanalistas que che poden mirar se tes algún trauma. Kai eav 8eleis, mporó na milaw m'esena sta ellhviká, den exo problimata giati spoudasa auth thv glossa gia merikes mines sthv Galikia kai sthv Makedonia. Ves?, os "naciotas" mesmo che falamos linguas pequenas como o grego... ti aínda menos mal que falas as dúas oficiais do país..

2 nostrus

teutonio, ti saberas grego, pero ¿sabes mallar cun mallo?, ¿sabes munguir a man?. ¿Acaso vas ser ti quen ten que dicirnos o que temos que aprender?. Xa dixen que apoio aos que queiran aprender algo, pero eu non teño que compartir as suas aficions. A min non me da a gaña de aprender catalan, pero non lle quito a ninguen que o aprenda, non me da a gaña de investigar o sexo dos anxos, ¿dache a ti?

3 teutonio

Eu e os millóns de galegos que eliximos ao parlamento que nos representa que define un curriculum escolar e unha política lingüística. Síntoche que vexas aprender unha lingua e coñecer outra cultura como investigar o sexo dos anxos, ti mesmo te defines, burriqueira e supremacista.