Temas: HUMOR

Celébrase a primeira matanza vegana

Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/12/2016 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

É tradición no noso país celebrar a matanza do porco a partir do 11 de novembro, data do San Martiño, patrono de Ourense e protagonista do dito popular ‘A todo porco chégalle o seu San Martiño’.

Apio sacrificado nunha matanza vegana
Apio sacrificado nunha matanza vegana

Desexosos de celebrar a mesma tradición que os carnívoros galegos, un grupo de veganos de procedencia descoñecida anunciaron que a pasada fin de semana se celebrou unha matanza vegana.

O acto celebrouse no rural ourensán por persoas vidas das cidades. Segundo a crónica que enviaron á festa foron sacrificados 10 apios, 2 kilos de grelos, varias leitugas e media docena de kiwis do país.

O sacrificio fixose de xeito tradicional: a coitelo. Os vexetais foron seccionados con maestría polo matarife e, a continuación, realizouse a desfeita. Houbo asaduras de leituga e frebas de apio.

O acto non estivo exento de polémica xa que, no exterior da casa de campo na que se realizou a matanza vegana, concentráronse un grupo de vexetalistas para protestar contra o maltrato vexetal. ‘No al maltrato vegetal’ e ‘Las plantas también están vivas’ foron consignas que se berraban fóra mentres se producía a matanza vegana no interior do recinto. Os voceiros das protestas manifestaron que ‘No se puede permitir acabar con la vida para comer. Lamamos piedras’.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta