Temas: HUMOR

Detido por xihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid

Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/12/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen a un colega Alá foi! cando lle rompeu a bolsa que contiña a compra e xa a xente comezou a berrar e correr, declarou momentos despois de saír do calabozo. Tiña boa razón miña avoa co de afeitarme, rematou así a declaración do Kale ante os medios.

Un galego no metro de Madrid
Un galego no metro de Madrid | Fonte: temposgalegos

O xefe de policia comentou a perigosidade de falar algunha lingua distinta á lingua común dos madrileños. Pediu tamén, si es posible, que se fale co carraspeo característico dog madrileñog, o tamén chamado castelán neutro.

Moitas testemuñas dixeron que pensaban que estaban cantando cando escoitaban falar antes do caos, pero ao escoitar o que eles creron que era Allahu àkbar! deixou de parecerlles tan gracioso e comenzaron a estampida.

Todos os feridos están fóra de perigo, con mazaduras e algún golpe sen importancia relevante. Unha galega, residente en Madrid dende fai algún tempo e afectada pola marabunta, deixounos a seguinte declaración: ¿Es que a quién se le ocurre? ¡Cona que los parió!

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta