Nanube, Miranda Priestly e a editorial Alvarellos, premiadas polo seu uso do galego

O estudio de interiorismo Nanube, a empresa de alta costura Miranda Priestly, que ademais edita a revista 'Coralia'; e a editorial Alvarellos reciben o XVII Premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2016 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

O estudio de interiorismo Nanube; a empresa de alta costura Miranda Priestly, que ademais edita a revista 'Coralia'; e a editorial Alvarellos recibirán este mércores o XVII Premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa.

Editorial Alvarellos
Editorial Alvarellos | Fonte: www.cazarabet.com.

Diso deron conta en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, tras informar de que o acto oficial terá lugar ás 20,30 horas no Pazo de Raxoi.

Ademais, detallaron que Nanube foi recoñecida na categoría de empresas cun uso continuado do galego; mentres Miranda Priestly recibirá o galardón pola súa incorporación á lingua propia. Alvarellos obtén a distinción especial pola súa importante contribución cultural durante case catro décadas e polo seu vínculo coa cidade.

En total, segundo destacaron, foron 30 as empresas que optaron a estes premios, que non teñen dotación económica. Malia que a cifra é superior a outras edicións, ambos os dous sinalaron un descenso no número de empresas que se presentan pola categoría de 'uso continuado'.

En cambio, resaltaron o incremento na de nova incorporación e, ademais, en distintos ámbitos empresariais. Non só en palabras do alcalde, por "sensibilidade" cara á lingua de Rosalía, senón porque as empresas teñen xa o convencemento de que "o galego vende".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta