Intolerable Pim, Pam, Pum coas infraestruturas de Galicia; AVE e AP9

Estamos xa un pouco cansos de que os políticos do réxime do 78 tómennos o pelo aos cidadáns, e en Vigo coas infraestruturas esenciais para a cidadanía xa se están pasando dous pobos.

Por Carlos González Armada | Vigo | 15/12/2016

Comparte esta noticia
Agora temos un debate sobre o traspaso das competencias da AP9, atopámonos con rios de tinta e debates intensos, que se analizamos o fondo da cuestión non serven para nada. ¿Sabemos realmente para que se quere o traspaso da AP9?, ¿que imos gañar os cidadáns se a AP9 é da Xunta ou se é do Goberno?, ¿vai supoñer ese traspaso que se eliminen as peaxes da AP9?....eses son os debates reais que lle importan aos cidadáns, as cuestións que lles afectan ao seu benestar e ao seu dia a dia, o demais son debates políticos de marear a perdiz e ter entretido ao lector con cuestións irrelevantes para que nos esquezamos do importante 
 
O que queremos os cidadáns é que nos abaraten os custos da AP9, a poder ser que nos quiten a peaxe, ou como moito que nos apliquen unha peaxe branda, se o goberno traspásalle as competencias á Xunta da AP9 tan só conseguiriamos cambiar de portelo  de pago, entretivéronnos unha vez mais coa burocracia administrativa....vaia vostede ao seguinte portelo que lle falta o comprobante da xunta da trócola....¿o resultado?, seguiremos pagando a peaxe, poida que mesmo mais caro, e daranos o mesmo de quen sexa as competencias
 
Respecto do AVE que dicirlles que non saiban, isto é o conto de nunca acabar, moitos se acordaran das promesas de Caballero en Vigo previo ás municipais de xa hai 8 anos, alá polo ano 2009 ou 2010......"se o ave non chega a Vigo no 2012 non me presento á alcaldía".....iso dixo, e aí tédelo. 
 
Este exemplo, como moitos outros que se poderían buscar, serven de mostra da utilización politica que se realiza coas infraestruturas por parte dos políticos do PP e do PSOE, (principalmente), coas que o unico que fan é anuncios aos catro ventos que nunca cumpren. Debo lembrar que no ano en que Caballero dicía aquela memez, o que subscribe presidia a asociacion de enxeñeiros de Organizacion Industrial, e dixemos que o AVE non chegaría ata o 2020.....ao que se ve non imos desencaminados. Era unha cuestión tecnico-económica indiscutible pero caballero utilízouno e logo non cumpriu...o mesmo que fai agora o ministerio 
 
Non chega con iso, senón que Caballero lanzase agora a unha "ofensiva" polo ave "directo" a Vigo por Cerdedo...igual que dixemos naquela ocasion que este tramo é inoperable por ser unha previsible catástrofe economica sen sentido, agora vólvoo a dicir desde a portavocia de Xuntos Podemos, e desde a responsabilidade recentemente encomendada como coordinador de Política e Trasparencia do intercirculos de Podemos Vigo.....o AVE a Vigo por Cerdedo é inviable, non se pode construír porque seria un atentado economico contra o pais...pagar mais de 2.200 millóns (agora mais probablemente), por un aforro de 10 minutos é de xulgado de garda......en intercirculos Podemos Vigo exporei a defensa dun AVE directo de verdade entre Ourense e Vigo a traves de Mondariz, un AVE que aforre 35 minutos de traxecto e que faga viable un gasto de 2.000 millóns de euros, todo o que nos conten sobre cerdedo desde o ministerio ou desde a alcaldia de Vigo sera puro politiqueo e adoctrinamiento y entretenimento......e en ultimo caso, do todo improbable, un atentado economico que deberia de acabar nun xulgado con imputados

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA