Temas: METEOROLOXíA

Sucesivas alertas por mal tempo en case toda Galicia

A partir das 18 horas deste xoves sucederanse os avisos por neve, chuvia e ondas en zonas da costa e do interior. A situación empeorará na madrugada do xoves ao venres, segundo Meteogalicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/12/2016 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Unha decena de provincias terá activado este xoves avisos de risco amarelo por néboas persistentes, precipitacións, nevadas --entre elas Ourense-- ou fenómenos costeiros -- A Coruña e Pontevedra--, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Alertas de Meteogalicia para este xoves 15
Alertas de Meteogalicia para este xoves 15

En canto aos fenómenos costeiros, o vento de compoñente sur con forza 7 terá en situación de risco a A Coruña e Pontevedra. 

Segundo Meteogalicia, todas as alertas comezarán a partir das 18 horas deste xoves. A situación na costa empeorará durante a noite. Por iso, a partir das 00 horas do venres, a alerta por ondas aumentará a laranxa en todo o litoral galego.

Ademais, no extremo occidental Península aumentará a nubosidade e esperan precipitacións na segunda metade do xoves, que serán máis intensas no oeste de Galicia.  Así, as provincias de A Coruña e Pontevedra estarán en alerta amarela por choivas fortes nun intervalo dunha hora dende dende as 18 horas deste serán. O mesmo pasará o venres, no que haberá alerta amarela por chuvascos intensos a partir das 18 horas, pero non en toda as provincias atlánticas, unicamente na maioría da costa da Coruña e en todo o litoral de Lugo. 

Na montaña, a cota de neve situarase este xoves entre 1.100 e 1.400 metros de altura. En canto ás temperaturas, a Aemet espera que se produzan poucos cambios. Finalmente, o vento soprará de compoñente sur en Galicia e no Cantábrico, con algúns intervalos fortes. 

Alertas de Meteogalicia para este venres 16
Alertas de Meteogalicia para este venres 16

Temas: METEOROLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta