Unha investigadora galega colabora con científicos alemáns nun proxecto sobre o clima na Patagonia

Marta Pérez Rodríguez, do grupo ciencia do Sistema Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), desprazouse á Universidade de Braunschweig para realizar un estudo sobre a Patagonia chilena que permitiu estudar as variacións climáticas e ambientais ao longo dun período de 11.000 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2016 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A investigadora galega Marta Pérez Rodríguez, do grupo ciencia do Sistema Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), desprazouse á Universidade alemá de Braunschweig para realizar un estudio sobre a Patagonia chilena que permitiu estudar as variacións climáticas e ambientais ao longo dun período de 11.000 anos.

A investigadora galega Marta Pérez Rodríguez
A investigadora galega Marta Pérez Rodríguez | Fonte: Remitida.

O estudo, que a investigadora coruñesa coliderou co catedrático de xeoquímica ambiental da universidade alemá, céntrase na análise dos sedimentos do Lago Hambre, situado na Patagonia chilena.

Os resultados desta análise, que acaban de publicarse na revista Scietific Reports do grupo Nature, permitiron obter información sobre a produtividade das algas verdes e diatomeas e o efecto das precipitacións no sur da Patagonia chilena. Esta zona "ofrece unha visión global dos cambios climáticos no Hemisferio Sur, moito menos estudado que o Norte", indican os investigadores.

A investigación forma parte da tese doutoral de Marta Pérez Rodríguez sobre a acumulación de mercurio en zonas remotas do planeta, como o Ártico, a Antártida, Isla de Pascua e Brasil. "O estudo dos sedimentos do Lago Hambre é unha peza máis para coñecer o complexo comportamento climático e ambiental durante o Holoceno nunha rexión clave para entender o clima terrestre", apuntou a investigadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta