Feijóo sobre a denuncia dun empresario que o acusa de beneficiar a Monbus: “Non sei de que me fala”

O presidente galego apela á "tranquilidade" e respecto á acción xudicial na Cóndor, sobre a que di que "non ten máis datos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, intenta a toda costa que as investigacións da xuíza Pilar de Lara na Operación Cóndor non o salpiquen, especialmente, logo de coñecerse que tamén el foi o receptor de regalos do empresario Raúl López, dono de Monbús, por valor superior a 2.000 euros. Sen embargo, novas informacións publicadas por este medio apuntan a que o seu papel a favor do empresario lucense podería ser moito máis importante do que asegura.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

"Non sei de que me fala", respondeu a GC que lle preguntou polas declaracións ante a xuíza dun empresario que o acusa de ter beneficiado a LópezMiguel Angel Donado Campos, propietario de La Estradense, acusa a Feijóo de ter favorecido ao grupo Monbus para que se quedara co transporte de viaxeiros entre Santiago e a urbanización limítrofe de Os Tilos, a traveś de Castromil.

No seu día, La Estradense e Castromil, pertencente ao grupo empresarial Monbus, presentaron ambas as dúas recursos para intentar quedar coa concesión na época na que Feijóo era conselleiro de Política Territorial. Feijóo tería chamado a copropietario de La Estradente comprometéndose a repartir o servizo a cambio de que este retirase o recurso e posteriormente incumpriría favorecendo os intereses de López, segundo suliñou Donado Campos a Pilar de Lara.

"Non sei de que me fala", respondeu Feijóo que volveu remitir ao "sumario" para incidir en que, segundo o publicado, a "queixa" da empresa á que supostamente beneficiou, en alusión a Monbus, era "a contraria". 

"Tranquilidade"

En todo caso, Feijóo apelou a proceder con "tranquilidade" e reiterou o seu respecto a "calquera tipo de actuación xudicial" no marco da 'Operación Cóndor', sobre a que, asegurou, non ten nada máis que engadir" porque non dispón "de ningún dato máis".

Feijóo e Raúl López no palco do Sar, nun partido do Obradoiro
Feijóo e Raúl López no palco do Sar, nun partido do Obradoiro | Fonte: obradoirorobasketfoto.com

Este xoves declarou ante a xuíza Pilar de Lara o expresidente do PP e da Deputación de Pontevedra, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, entre outros cargos, como investigado por suposto suborno.

A declaración está ligada á súa presenza nunha lista do Servizo de Vixilancia Aduaneira que sitúa a Louzán e outra vintena de cargos (de Galicia e doutras zonas de España) como receptores de viño e outros regalos por parte do presidente de Monbus, Raúl López.

De Lara, ademais, remitiu exposicións motivadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e ao Tribunal Supremo para que decidan se hai que investigar outros cargos aos que tamén enviaría regalos, entre eles Feijóo e o exministro socialista José Blanco.Sobre esta cuestión, Feijóo explicou que non ten de ningún dato máis. "Non sei se as cen persoas que hai nesa lista o teñen, eu non", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 liberdade Galega

si non o sacaron pola droga menos o van sacar polo viño... miren tamen os regalos que lle facian o político vello -vieiras... libros e obras de arte (non son barateiras non son cacharriños de barro)