Temas: CORREOS

Correos, sancionado con falta grave por contratacións “a dedo” na Coruña

CGT esixirá responsabilidades internas na dirección de zona e comunicará este feito á fiscalía para que estude as posibles responsabilidades.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/12/2016 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

Correos acaba de ser sancionada con falta grave pola inspección de traballo logo de formalizar máis de 600 contratos na provincia da Coruña no 2016 "a dedo".

Motos de carteiros de Correos
Motos de carteiros de Correos | Fonte: wikipedia

A sanción ven logo da denuncia presentada polo sindicato CGT, indicando que Correos leva ano e medio formalizando contratos a persoal “enchufado” e seleccionado “a dedo” sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público.

Correos tentou argumentar, segundo informa CGT, que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios. “Pero o noso sindicato puido probar que non era asi, contabilizando mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016, o que ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo”, suliña.

Por iso, esixiron en diferentes ocasións a Correos que abrise as bolsas de contratación á cidadanía, ou en todo caso, que acudise aos sistemas públicos de contratación. “Non recibimos nunca resposta ás nosas suxerencias. Feito que tamén recolle a inspección de traballo como sancionable na súa resolución”, engade.

Neste sentido, insisten en que esixirán responsabilidades internas na dirección de zona, e comunicarán este feito á fiscalía para que estude as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar de este xeito irregular. 

Temas: CORREOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta