Temas: ENTROIDO

O Entroido tradicional, no “ADN” dos ourensáns

A Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso recibiu o Premio Nacional en Tradiciones Populares. O rexedor de Viana destaca que o Entroido alí é máis enxebre que o que se fai en Laza ou Verín.

Por Galicia Confidencial | Viana do Bolo | 16/12/2016 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O Entroido de Viana do Bolo e Vilariño de Conso acaba de recibir o Premio Nacional en Tradiciones Populares. Un premio que  foi concedido pola Sociedad de Antropologia y Tradiciones Populares  e que é o único que recibiu, ata o de agora, unha tradición galega.

Boteiro no Entroido de Viana
Boteiro no Entroido de Viana | Fonte: turismo.gal

Secundino Fernández, alcalde de Viana destaca que a importancia que o Entroido ten entre os seus vecinos, que o levan no “ADN” e que “non se fai por nada económico”, senón porque “se leva no sangue”. Con todo, tamén salienta as diferencias entre o Entroido de Vilariño de Conso, Viana e Manzaneda con respecto aos “máis masificados” de Laza e Verín. Entrevista no medio colaborador Historia de Galicia.

Temas: ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta