Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 16/12/2016 | Actualizada ás 13:44
A Xunta de Galicia anuncia que que acaba de nomear a Juan Cividanes Roger como novo director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O actual director de Xesgalicia releva no cargo a Javier Aguilera, quen deixa o posto despois de estar á fronte do Igape desde o ano 2011, cando substituíu a Joaquín Varela pola súa imputación na Operación Campeón e anteriormente dirixir Xesgalicia.
Cividanes Roger, nado en Vigo en 1967, é Master of Business Administration (MBA) pola polo IESE Business School da Universidade de Navarra, licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e en Ciencias Económicas pola Universidade Internacional de Cataluña.
Nomeado en 2011 director de Xesgalicia, sociedade xestora de capital risco, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Juan Cividanes recibiu formación nos Jesuítas de Vigo, logo no Montecastelo (colexio do Opus Dei), na UNED, na UIC e na Universiade de Navarra. Conta con experiencia no ámbito da empresa privada, en compañías como Mercagol, Conservas Antonio Alonso, Carrefour, Decathlon ou KPMG.
O posto de director do IGAPE é un dos mellores pagados da administración autonómica, case 60.000 euros ao ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.