Gran concerto de Aninovo de Strauss en dúas cidades galegas

A produción máis famosa de Europa da industria da música clásica, avalada por 27 anos de éxito e 5 millóns de espectadores en todo o mundo, estará no país este Nadal.

Por GC Tendencias | Vigo | 23/12/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Nas cidades de Vigo e Pontevedra haberá versións do gran concerto de aninovo , de Johann Strauss, da man da Strauss Festival Orchestra e a compañía Strauss Festival Dance Ensemble. As entradas xa están dispoñibles a través de www.Ataquilla.com.

Strauss Festival Orchestra
Strauss Festival Orchestra | Fonte: Ayuntamiento de Jaén

Na cidade olívica, a actuación terá lugar o día 28 de decembro, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o 29 na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4), en ambos os casos, ás 20.30 h.

O programa está inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena e inclúe os títulos máis coñecidos do rei do valse: Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne. Non faltará , tampouco, o valse máis soado de todos, O fermoso Danubio azul, nin a Marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada.

Tags: #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta