Temas: FOLK MúSICA

Carlos Nuñez repasará a súa traxectoria en dous concertos en Galicia

O máis famoso dos instrumentistas folk galegos volve a casa polo Nadal con dous concertos en Vigo e Ferrol.

Por GC Tendencias | Vigo | 20/12/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Xa quedan poucos días para as dúas actuacións que Carlos Nuñez dará en Galicia este Nadal. A primeira será na súa cidade natal, en Vigo, o 23 de decembro. O concerto terá lugar no Teatro Afundacion a partir das 20:30 horas. As entradas xa están a venda dende só 16,2 euros.

Carlos Nuñez en directo en 2011
Carlos Nuñez en directo en 2011 | Fonte: Ralf Schulze wikimedia

A segunda actuación será no Teatro Jofre de Ferrol o día despois de Nadal, o 26. O concerto empezará tamén as 20:30 horas e aló as entradas parten de 19 euros en ataquilla.com.

Carlos Núñez (Vigo,197) é un virtuoso multinstrumentista, considerado pola crítica como un dos mellores gaiteiros do mundo. Figura imprescindíbel na música celta e folk, o seu último traballo (Inter-Celtic) supuxo o seu noveno disco dende que saltara a fama coa Irmandade das Estrelas.

O ex-membro de Matto Congrio é se cadra o músico galego con maior proxección internacional da historia. Así, Núñez colaborou con destacados artistas españois como Vicente Amigo, Carles Benavent, Luz Casal, Kepa Junkera ou Carmen Linares. De entre os moitos músicos internacionais cos que tocou ou gravou destacan The Chieftains e os seus integrantes Paddy Moloney, Sean O'Ríada e o defunto Derek Bell. Ademais deles, cabe destacar a Dan Ar Braz, Jackson Browne, Phil Cunningham, Ry Cooder, Ronnie Drew, Frankie Gavin, Roger Hodgson, Paddy Keenan, Noa, Máirtin O'Connor, Liam O`Flynn, Dulce Pontes, Teresa Salgueiro, Sharon Shannon, Donald Shaw e La Vieja Trova Santiaguera.

Temas: FOLK MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta