En liña todas as leis promulgadas en galego

LexGAL é un novo portal que nace para difundir e manter actualizado o corpus xurídico na lingua propia, nun dos eidos, o dereito, onde o galego está moi ausente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/12/2016 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Cando se cumpren 35 anos da constitución do Parlamento de Galicia, nace unha nova ferramenta que, como vincularon este luns distintas autoridades de Galicia, desenvolve o Estatuto de Autonomía tamén do ano 1981 e no que se recolle que o galego é lingua oficial de Galicia. Trátase de LexGAL, un portal xurídico que recolle as 403 textos legais consolidados vixentes na Comunidade na súa lingua propia, froito da colaboración entre o Parlamento, a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), capitaneada polo profesor Antonio López nunha idea que se remonta a 2009.

Presentación do portal Lex.gal
Presentación do portal Lex.gal

Esta ferramenta, presentada non de forma casual no aniversario da constitución da Cámara, como destacou o seu actual presidente, Miguel Santalices, é de acceso gratuíto e nela se poden atopar, ademais da totalidade das leis, os decretos máis actuais e un elevado volume de ordes normativas da Xunta. Tamén incorpora un sistema de buscas e enlaces a publicacións oficiais e institucionais que producen información xurídica de relevancia.

TODO O CORPUS XURÍDICO EN GALEGO

O profesor de Dereito Público explicou algún dos detalles deste portal, Lexgal, do que espera que se poidan incorporar novidades como a posibilidade de subscribirse para recibir alertas das normativa de interese.

"Unha ferramenta novidosa" que López espera que sexa empregada e contribúa "a normalizar o uso da lingua" no ámbito xurídico, onde "non era excesivamente usado", en palabras do conselleiro Román Rodríguez, quen recordou os avances que experimentou en diferentes espazos a lingua propia dende a constitución da Autonomía, como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) ou a máis recentemente aprobada Lei Paz Andrade -relacionada cos vínculos co portugués-.

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta considerou unha "vantaxe moi evidente" contar co corpo xurídico totalmente na lingua propia de Galicia nun feito que cualificou de "case histórico".

Así mesmo, destacou o papel da Amtega para poñer en marcha este portal que ten vocación de actualizarse e sentenciou que "era necesario e de xustiza".

"VOCACIÓN DE SERVIZO Á CULTURA"

"Vocación de servizo á cultura galega e especialmente á nosa lingua". Así o considerou Miguel Santalices na súa intervención, que pechou o acto, celebrado na Biblioteca do Parlamento, entre numerosos convidados vinculados ao mundo xudicial e do propio proxecto.

Santalices destacou que se trata dunha "ferramenta novidosa que permite centralizar nun único portal recursos xurídicos actualmente dispersos" e "resulta de especial utilidade para os profesionais do dereito", así como ao conxunto da sociedade.

O xefe do Lexislativo galego, que explicou que o final dun mandato e o inicio do seguinte impediron levar a cabo máis actos polo 35 aniversario do primeiro Parlamento, aínda que agora se iniciarán actividades a propósito desta efeméride, incidiu en que este portal fai máis verdadeira a expresión "xuntos somos máis fortes", xa que nace do traballo conxunto do Parlamento, Xunta e USC.

"Probablemente ningunha das tres institucións aquí representadas fose capaz de acometer este proxecto individualmente, pero aquí, entre todos, foi posible", destacou Santalices, quen agradeceu o "intenso" traballo desenvolvido por todas as persoas que participaron nesta iniciativa.

Ademais, Santalices manifestou que en certo modo esta presentación permite presentar balance do traballo "intenso" da Cámara e, en concreto, referiuse á IX Lexislatura (a que acaba de rematar), en que se aprobaron 54 leis, "o número máis alto" de entre todos os mandatos da historia de Galicia e que se elevaría ata 57 se se suman as proposicións de lei para a súa defensa no Congreso dos Deputados e a reforma do regulamento do Parlamento.

Na súa intervención, o presidente da Cámara tamén recoñeceu que "os esforzos en materia didáctica e de divulgación normativa non destacaron, precisamente, pola súa intensidade e eficacia" na historia, co que este portal axuda a solucionar esta cuestión. "Polo menos en Galicia consideramos necesario superar esa carencia achegando as normas aos seus destinatarios", apostilou.

O "compromiso" do Parlamento cos cidadáns plasmouno Santalices neste portal e outras iniciativas como a posibilidade de propoñer iniciativas non de lei ou iniciativas lexislativas, así como formular preguntar o Goberno da Xunta.

E sobre a relevancia do poder lexislativo, apuntou que se trata dunha "idea sempre de actualidade e que cobra unha especial vixencia polo debate suscitado en Reino Unido en relación co papel determinante do Parlamento vinculado co Brexit, confirmado por un fallo xudicial".

Santalices rememorou, de novo sobre o aniversario da Cámara, que en 1981 a Autonomía nacía sen "moito entusiasmo" no pobo galego, pero progresivamente "a armazón institucional floreceu e fíxose acredor do respecto e consideración dos galegos ata o punto de que hoxe en día practicamente ningún galego con independencia do seu posicionamento ideolóxico concibe Galicia sen ela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 OArquiveiro

Un ano picando decretos en XML e nin mención ós bolseiros que cargamos co peso do Portal!!!

1 fartodalingua

Na língua propia ¿de quen? E digo de quen e non de onde, xa que é de pelogrullo que las regiones no hablan; los que hablan son las personas y no todos los gallegos tienen la misma lengua propia. O titular debería reflectir esa realidade e ser modificado. Por exemplo ...na língua propia de moitos galegos. Ou mellor aínda, nunha das línguas oficiais de Galicia

1 Fartodebobos

acomplejado, que no tienes otro calificativo, más que acomplejado (e ignorante también, porque nadie habla aquí de la lengua propia de los gallegos o gallegas, si no de la lengua propia de Galicia: un territorio, como el malgache es la lengua propia de Madagascar o el francés es la lengua propia de Francia). Cuanto bobera anda suelto!

2 teutonio

Pois nas mesmas leis que este portal recolle se emprega o criterio da lingua propia da comunidade autónoma, criterio tamén recollido polo propio Tribunal Constitucional.

3 nostrus

Pues tiene razon fartodalingua porque la lengua propia de un territorio es la que hablan sus habitantes y en el caso de Galicia sus habitantes hablan gallego y castellano. Y si nos basamos en su testimonio escrito histórico entonces el castellano gana por goleada. Acomplejado es el que huye de su propia realidad como es el caso de los naciotas que se acomplejan de una de sus lenguas.

4 Silvia

Volvo repetir o mesmo que xa dixen: Estatuto de Autonomía de Galicia: Artigo 5: 1. A lingua propia de Galicia é o galego. Saúdos