Panxoliñas en galego para estas festas

Os Amigos dos Músicos, a banda de Ourense, acaba de publicar unha versión pop de "Un sombreiro de palla", unha das panxoliñas tradicionais galegas máis populares. Está baseada na adaptación de Fuxan Os Ventos no seu disco de 1978 'Galicia canta ó neno', no que recuperaron gran parte do repertorio tradicional galego de música de para o Nadal. Vídeos dos Amigos dos Músicos e de Fuxan os Ventos no interior.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/12/2016 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Velaquí o vídeo gravado no Belén de Arturo Baltar, en Ourense:

Os Amigos dos Músicos
Os Amigos dos Músicos

E velaquí a edición de 1978 do disco de Fuxan os Ventos, ideal para acompar estas datas con música tradicional do país;

O disco é produto da primeira época da banda, a mediados dos 70, cando fixeron un percorrido polos teleclubes da provincia con "Galicia canta ó Neno", unha montaxe e representación costumista-musical, escenificación do xeito de vivir as festas do Nadal en Galicia. Durante ese periódo a banda puido recoller centos de panxoliñas, aguinaldos e cantos de Reis que logo serviron de base para o seu disco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta