O PSdeG urxe explicacións de Feijóo sobre os agasallos de Monbus

Os socialistas din que "van máis alá dun detalle de cortesía" e apuntan a que os regalos teñen que ver con certas contratacións.

Por E.P. | LUGO | 20/12/2016 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O vicevoceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, apremou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a dar "explicacións" sobre a suposta recepción de regalos por parte do propietario de Monbús, Raúl López.

Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro
Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro

E é que, a xuízo, se podería entender que fose agasallado cun detalle "de 12 ou 15 euros", pero "hai cousas que van máis alá dun detalle de cortesía que se poida facer dende o ámbito empresarial con absoluta normalidade".

"Cando falamos de regalos que teñen un valor económico elevado haberá que dar algún tipo de explicación", incidiu, sen deixar de facer fincapé en que "o que debe facer" Feijóo "como presidente de Galicia e de todos os galegos é dar algún tipo de explicación".

É máis, reparou en que "a dinámica xeral dos dirixentes do PP" pasa por "pedir explicacións" cando os asuntos atinxen a membros da oposición, de modo que descartou que na súa circunstancia Feijóo poida "mirar para outro lado" e "minimizar" esta cuestión.

"CERTA RELACIÓN"

Da recepción de obsequios por outros membros da Xunta, como o vicepresidente, Alfonso Rueda, o vicevoceiro do PSdeG na Cámara suxeriu que "parece existir certa relación" entre a capacidade de decisión sobre determinados contratos".

"Non digo que sexa unha situación de privilexio, pero hai unha coincidencia entre as competencias de determinadas persoas dentro do goberno e a actividade empresarial", remarcou finalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta